Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

Author: MonicaFdz

OS CONCELLOS DA MANCOMUNIDADE ACORDAN MEDIDAS SOBRE O USO DOS PARQUES INFANTÍS ANTE O EMPEORAMENTO DA PANDEMIA

Os alcaldes dos nove municipios que forman parte da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol acordaron onte coordinar medidas respecto dos parques infantís no marco das restricións debidas á covid-19 e tendo en conta a gravidade da situación. Os rexedores analizaron conxuntamente as opcións en relación ao uso destes espazos dedicados ao lecer dos nenos e finalmente decantáronse maioritariamente por pechalos, de xeito que en Ares, Cabanas, Cedeira, Fene, Ferrol, Narón, Neda e Valdoviño non será posible acceder a eles.

Ao estudar o asunto tívose en conta que, se ben é importante que os concellos da Mancomunidade coordinen as súas decisións, cada un pode presentar características e situacións distintas e necesitar adoitar medidas diferentes, como nesta ocasión foi o caso de Mugardos, un dos municipios de menor extensión da provincia, polo que nese concello os parques infantís permanecerán abertos.

A orde da Xunta de Galicia do pasado martes establece que os parques infantís poderán estar abertos ao público sempre que neles se respecte unha capacidade máxima estimada dunha persoa por cada catro metros cadrados da área total do recinto e que deberán aplicarse as medidas de hixiene e prevención establecidas, especialmente no que se refire á limpeza e desinfección diarias dos xogos e ou outro mobiliario urbano de uso compartido. Pero nesta ocasión os alcaldes tamén tiveron en conta a gravidade da situación que soporta a área sanitaria de Ferrol durante as últimas semanas e a necesidade perentoria de interromper a cadea de contaxios.

PUBLICACIÓN DAS BASES REGULADORAS DE PROGRAMAS DE SUBVENCIÓNS DA DEPUTACIÓN PARA ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO

O pasado 31 de decembro a Deputación Provincial da Coruña publicou as bases reguladoras dalgunhas subvencións, que polo seu interese para as entidades sen ánimo de lucro do Concello de Cedeira, publicamos de seguido para o seu coñecemento pola veciñanza:

IR Á LIGAZÓN Programa de subvencións a entidades da provincia, sen ánimo de lucro, para a realización de actividades de fomento da actividade física e do deporte durante o ano 2021

IR Á LIGAZÓN Programa de subvencións para clubs deportivos da provincia, sen ánimo de lucro, con equipos ou deportistas que participen en competición federada de ámbito local, provincial ou autonómico durante o ano 2021

IR Á LIGAZÓN Programa de subvencións a fundacións e a entidades privadas sen fins de lucro titulares de museos, centros de interpretación ou bibliotecas, para o desenvolvemento de actividades culturais durante o ano 2021

IR Á LIGAZÓN Programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para realizar actividades culturais durante o ano 2020

IR Á LIGAZON Programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para realizar actividades culturais durante o ano 2021

IR Á LIGAZÓN Programa de subvencións a Corais Polifónicas, Bandas de Música Populares, Entidades de Música e Baile Tradicional Galego e formacións musicais de grande formato da provincia da Coruña, para o desenvolvemento de actividades culturais durante o ano 2021

IR Á LIGAZÓN Programa de subvencións a Corais Polifónicas, Bandas de Música Populares, Entidades de Música e Baile Tradicional Galego e formacións musicais de grande formato da provincia da Coruña, para a realización de investimentos culturais durante o ano 2021

IR Á LIGAZÓN Programa de subvencións para o desenvolvemento de actividades por parte das entidades sen ánimo de lucro con función de representación sectorial e colectiva a nivel galego das persoas e/ou entidades existentes nos diferentes sectores profesionais e amadores da cultura galega, durante o ano 2021

APROBADO O NOVO CONVENIO COA ANPA O BECO

A Xunta de Goberno do Concello de Cedeira aprobou un novo convenio de colaboración coa ANPA O Beco, de nais e pais de alumnos do IES Punta Candieira. A través del, a institución municipal sufraga con 2.000€ os gastos de funcionamento e actividades da entidade, presidida por Beatriz Piñón, neste ano 2020.

O alcalde, Pablo Diego Moreda Gil, recordou que a colaboración co tecido asociativo é unha prioridade para o goberno local, por canto significa impulsar e dinamizar a vida social e cultural da localidade. Neste caso, as actividades que desenvolve a ANPA O Beco van dirixidas especialmente a promover a igualdade e potenciar valores como o coidado do medioambiente ou a promoción do uso eficiente e sostible das tecnoloxías da información e a comunicación.