PESCATURACCIÓN CEDEIRA
PESCATURACCIÓN CEDEIRA é un proxecto participativo promovido polo Concello de Cedeira, para o impulso da Gobernanza do sector pesqueiro e turístico no desenvolvemento socioeconómico da vila.
PESCATURACCIÓN CEDEIRA está a realizarse grazas ás axudas que a Unión Europea ofrece, no marco do Fondo Europeo e Marítimo de Pesca (FEMP), para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), e que a Consellería do Mar aprobou para os grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP).
- Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 83.490,00 €
- Coste subvencionable do proxecto (inversión pública + inversión privada): 83.490,00 €
- Total axuda pública aprobada (€): 83.490,00 €
- % Subvención: 100
Obxectivo xeral: Promover o emprendemento nos sectores pesqueiro e turístico do Concello de Cedeira, mediante a posta en marcha dun proceso participativo que serva para a definición dos elementos estratéxicos diferenciais de Cedeira que, ao tempo, sexan elementos básicos para a creación dunha marca territorial, ligada ao sector do mar e ao turístico, e tamén como estímulos para a promoción do emprendemento innovador e sostible en ambos sectores clave: o mariñeiro e o turístico.
Obxectivos específicos:
- Deseñar unha marca territorial de Cedeira, distintiva dos sectores pesqueiro e turístico.
- Impulsar a gobernanza entre os axentes sociais do sector pesqueiro e turístico, abrindo unha canle de diálogo entre actores sociais e creando sinerxias entre eles de cara á diversificación.
- Promover o emprendemento nos sectores pesqueiro e turístico, a través dun proceso de diagnóstico e acción participativa.
Para acadar estes obxectivos, levaranse a cabo as seguintes actuacións, ao longo dos anos 2020, 2021 e 2022: