PROXECTO “VALORIZACIÓN DA ACTIVIDADE PESQUEIRA E MARISQUEIRA E DOS SEUS ESPAZOS EXTRACTIVOS NO LITORAL DE CEDEIRA. CEDEIRA MAR”
O proxecto “VALORIZACIÓN DA ACTIVIDADE PESQUEIRA E MARISQUEIRA E DOS SEUS ESPAZOS EXTRACTIVOS NO LITORAL DE CEDEIRA. CEDEIRA MAR” (GALP1-204) está impulsado polo Concello de Cedeira, para valorizar o labor marisqueiro e dignificar os oficios mariñeiros a través de accións de sensibilización.
CEDEIRA MAR está a realizarse grazas ás axudas que a Unión Europea ofrece, no marco do Fondo Europeo e Marítimo de Pesca (FEMP), para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), e que a Consellería do Mar aprobou para os grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP).
- Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 81.009,50 €
- Coste subvencionable do proxecto (inversión pública + inversión privada): 79.396,16 €
- Total axuda pública aprobada (€): 79.396,16 €
- % Subvención: 100
Obxectivo xeral:
Valorización do labor marisqueiro e dignificación do seu oficio, mediante a execución de diversas accións de sensibilización dirixidas a escolares e público en xeral.
Obxectivos específicos:
Realizar accións de sensibilización dirixidas a diferentes públicos (alumnado, público adulto) e visibilizar a actividade extractiva no municipio mediante dispositivos informativos sobre os produtos mariños (percebe, coquina, longueirón, ameixa, berberecho, ostra rizada…), os sistemas de extracción artesanal e a biodiversidade no litoral.
Para acadar estes obxectivos, levaranse a cabo as seguintes actuacións, ao longo de 2021 e 2022: