Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

RECOLLA DE RESIDUOS VOLUMINOSOS OU PERIGOSOS

A recolla de residuos voluminosos ou perigosos realízase a través dun servizo de recolla mixto no concello de Cedeira.

PUNTO LIMPO

Polígono da Xunqueira

Mércores de 15.30 h a 19.30 h e sábados de 10.00 h a 14.00 h.

665 571 544

É unha instalación que funciona desde 1999 para evitar a vertedura de lixo sen control. Nela poden depositarse de xeito gratuíto aqueles residuos que polo seu gran volume ou pola súa perigosidade teñen que recibir un tratamento especial. Deben ser residuos xerados por particulares que vivan no concello e non seren de orixe industrial.

Os residuos que se poden entregar no punto limpo son:

  • VOLUMINOSOS, que polo seu tamaño non entran nos colectores normais: sofás, colchóns, mobles etc.
  • RESIDUOS PERIGOSOS: aceites de coches, lacas, pinturas, vernices, fluorescentes, radiografías, aerosois, todo tipo de electrodomésticos, baterías etc., que serán remitidos en transportes debidamente autorizados a diversas instalacións para o seu tratamento, reciclaxe ou incineración.
  • PLÁSTICOS AGRÍCOLAS procedentes de invernadoiros, silos etc.
  • RESTOS DE PODAS.
  • RESIDUOS PROCEDENTES DE PEQUENAS OBRAS REALIZADAS NO DOMICILIO.

RECOLLA NA VIVENDA

Venres de 10.00 a 14.00 h

665 571 544

Para a recolla na vivenda debes chamar ao teléfono indicado e depositares os obxectos o xoves á noite nun lugar próximo ao domicilio.