Existen dous tipos de queima, e dependendo do tipo, haberá que realizar a solicitude de autorización con distinto prazo de antelación:
- Restos amoreados:
- Queima de restos agrícolas amoreados
- A solicitude de autorización realizarase cunha antelación mínima de dous días
-
- Queima de restos forestais amoreados
- A solicitude de autorización de presentarase cunha antelación mínima de sete días
- Queimas controladas:
- Para a súa realización deberán contar coa presencia de persoal técnico autorizado para a xestión das queimas e con equipos de extinción de incendios
- A solicitude de autorización de queima presentarase cunha antelación mínima de sete días
Pode consultar a continuación, o documento editado pola Xunta sobre as recomendacións á hora de facer queimas.