Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

PUNTO DE INFORMACIÓN CATASTRAL

O Punto de Información Catastral do Concello de Cedeira é unha oficina autorizada pola Dirección Xeral do Catastro na que se pode acceder á información catastral.

Casa do Concello. Rúa Real 15, semisoto.

Mércores de 9.00 h a 14.00 h, con cita previa.

981 480 000 (extensión 2). Persoa de contacto: Javier Zunzunegui)

Os servizos dispoñibles no Punto de Información Catastral son:

  • Información de carácter xeral e particular sobre
  • Asesoramento sobre obrigas co Catastro.
  • Notificación por comparecencia en procedementos catastrais.
  • Servizo de consulta libre e certificación de datos catastrais non protexidos e de cartografía dixital.
  • Servizo de consulta e certificación electrónica para titulares de datos catastrais protexidos relativos aos inmobles da súa titularidade.
  • Servizo de certificación negativa de bens inmobles ou da circunstancia de non figurar como titular catastral, relativa á propia persoa

Os Puntos de Información Catastral unicamente poden certificar a titulares catastrais ou a persoas debidamente autorizadas.

Non poden, por tanto, certificar no caso de persoas falecidas ou que non figuren na base de datos como titulares catastrais. Nestas circunstancias, deberase acudir sempre á Xerencia do Catastro.

Rúa Comandante Fontanes, 7, baixo, 15071 A Coruña.

Horario de inverno: de luns a xoves, de 9.00 h a 17.30 h; venres: de 9.00 h a 14.00 h.
Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro): de luns a venres, de 9.00 h a 14.00 h.

981 16 13 72

gerencia.galicia@catastro.minhap.es

Os trámites para solicitar información no punto de información catastral son os seguintes:

As instancia que se debe presentar para a solicitude de información está dispoñible na seguinte ligazón:


VER PDF Modelo de autorización para nomear representante para a solicitude de información

Para pedir cita no punto de información catastral, o Concello pon a disposición un teléfono de contacto:

981 480 000 (extensión 2). Persoa de contacto: Javier Zunzunegui)

As certificacións emitidas polo punto de información catastral están suxeitas á ordenanza fiscal nº 2.1 reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos, que ten un importe de 10€. Pódese consultar o seu texto íntegro na seguinte ligazón:


VER PDF Ordenanza reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos

Pódese aboar esta taxa presencialmente mediante tarxeta de crédito ou ben nas seguintes contas:

BBVA: ES70 0182 0622 4100 0000 0055

La Caixa: ES37 2100 4936 5822 0000 4470

Abanca: ES15 2080 5196 2931 1000 0027

Banco Pastor: ES57 0238 8151 9006 6000 0271

Banco Sabadell Gallego: ES57 0081 2238 4100 0100 0705

O texto do xustificante do ingreso da autoliquidación debe incluír a seguinte información: