Proxecto CEDEIXURA
O proxecto CEDEIXURA: Visibilización da calidade diferencial da pesca de baixura e do marisqueo en Cedeira é unha actuación conxunta entre a Confraría de Pescadores de Cedeira e o Concello de Cedeira.
O seu obxectivo é darlle visibilidade a pesca de baixura e ao marisqueo da costa de Cedeira amosando a trazabilidade da extracción e comercialización así como as garantías deste produto do día. Con este proxecto implícase a hostalería de Cedeira para que sexan capaces de poñer en valor o produto mariño da costa cedeiresa a través das súas cartas e menús, difundindo os beneficios que ten a pesca sustentable.
Na anualidade 2020 conta con dúas actividades programadas. Por un lado unhas sesións didácticas co Museo Mares de Cedeira nas que se fixeron visitas guiadas ao museo, e por outro o deseño da marca e o lema “Pesca de Costa”.
Para o ano 2021 as actividades programadas son:
Actividade 1. Plan de comunicación e deseño de marca: deseño da estratexia de comunicación.
Actividade 2. Sesións con Mares de Cedeira: visitas guiadas ao Museo Mares de Cedeira e celebración dunha Mesa Redonda coa temática da sustentabilidade dos recursos.
Actividade 4. Regata de Traiñeiras: regata organizada polo Concello de Cedeira en colaboración co Clube de Remo de Cedeira como evento que promociona as artes de pesca tradicionais.
Actividade 5. Audiovisuais do proceso de extracción e trazabilidade: audiovisuais sobre o proceso de trazabilidade na extracción e comercialización do produto da costa.
Actividade 6. Xestión de redes sociais: ccomunicación dos obxectivos, das actividades e os valores do proxecto a través das redes sociais da Confraría de Pescadores de Cedeira e do Concello de Cedeira.
Actividade 7. Shoowcookings internos: organización e celebración de dúas sesións de Showcooking dirixido a profesionais, coa finalidade de implicar ao sector da hostalería da vila, de gran relevancia na economía do municipio e é a “carta de presentación” dos produtos mariños da costa cedeiresa.
Actividade 8. Dirección e apoio á coordinación: temporalización das accións, monitorización de accións e fitos, seguimento na entrega dos produtos saíntes e coherencia co plan de comunicación, seguemento de provedores, control na consecución dos obxectivos do proxecto e elaboración de informes.
Actividade 9. Gastos de publicidade: gastos de publicidade do proxecto e de cada unhas das actuacións programadas (visitas ao museo, showcookings, promoción da marca Pesca de Costa)
O proxecto remata na anualidade 2022, para a acal están programadas as seguintes actividades:
Actividade 1. Plan de comunicación e deseño de marca: deseño do manual de imaxe corporativa.
Actividade 2. Sesións con Mares de Cedeira: visitas guiadas ao Museo Mares de Cedeira e celebración de sesións didácticas nos centros de ensino de Cedeira.
Actividade 3. Evento de exaltación do produto: evento de exaltación de produtos (festa da pescada de volanta), na que se pon en valor o produto a través da súa transformación e baixo a premisa da súa calidade, frescura e innovación.
Actividade 5. Audiovisuais do proceso de extracción e trazabilidade: 3 vídeos curtos en formato de pilulas informativas que actúen de reforzo ao longo da campaña sobre aspectos clave como a sustentabilidade das artes, a escasa pegada no transporte, a calidade derivada da frescura, o sabor dos produtos e os seus aspectos nutritivos)
Actividade 6. Xestión de redes sociais: ccomunicación dos obxectivos, das actividades e os valores do proxecto a través das redes sociais da Confraría de Pescadores de Cedeira e do Concello de Cedeira.
Actividade 7. Shoowcookings internos: organización e celebración de dúas sesións de Showcooking dirixido a profesionais, coa finalidade de implicar ao sector da hostalería da vila, de gran relevancia na economía do municipio e é a “carta de presentación” dos produtos mariños da costa cedeiresa.
Actividade 8. Dirección e apoio á coordinación: temporalización das accións, monitorización de accións e fitos, seguimento na entrega dos produtos saíntes e coherencia co plan de comunicación, seguemento de provedores, control na consecución dos obxectivos do proxecto e elaboración de informes.
Actividade 9. Gastos de publicidade: gastos de publicidade do proxecto e de cada unhas das actuacións programadas (visitas ao museo, showcookings, evento de exaltación da pescada, promoción da marca Pesca de Costa)
CEDEIXURA conta para a súa execución cunha axuda da Unión Europea dentro do marco do Fondo Europeo e Marítimo de Pesca (FEMP) , para proxectos ao amparo das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), e que a Consellería do Mar aprobou para os grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP).