Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

COVID-19

O SOCIALISTA MOREDA GIL FOI INVESTIDO POR TERCEIRA VEZ COMO ALCALDE DE CEDEIRA

Pablo Diego Moreda Gil é de novo alcalde de Cedeira cos 5 votos do PSdeG-PSOE na corporación. A abstención dos catro representantes do BNG facilita un goberno que o socialista definiu no seu discurso como “progresista e galeguista” e que, segundo dixo, ten as portas abertas para a entrada do Bloque. “O pobo é sempre quen máis ordena, fagámoslle caso e formemos un gran grupo de coalición que volva a ser un exemplo de boa xestión como foi aquel goberno entre 2015 e 2019”, dixo o alcalde.

Moreda Gil recordou o bo traballo que desenvolveu a coalición de forzas que encabezou en 2015, cando asumiu por primeira vez a alcaldía. Aquel mandato “descubriu unha nova forma de facer política en Cedeira, cun goberno municipal cercano a todas as veciñas e veciños”, dixo, da que xa non se apartou o goberno municipal tras a maioría absoluta acadada en 2019. “O eixo neste mandato 2023-2027 van seguir sendo os acordos e o consenso, que é a mellor forma de garantir un goberno de todas e de todos, un Concello útil, social e cercano, un goberno que traballará pola defensa do interés xeral”, dixo o alcalde.

No seu discurso, Moreda tivo palabras de agradecemento e de estímulo para as persoas que participaron na corporación e no goberno anterior, así como para os traballadores e traballadoras municipais. “Nada une máis á xente que o proxecto dun pobo do que sentirmos orgullosos, no que todas e todos temos cabida. Desplegar unha sólida confianza en nós mesmos depende da calidade das nosas conversas, de ter como ambicións metas elevadas, de pensar e crer que nós podemos, que temos a capacidade, a competencia e a autonomía para facelo viable”, rematou.

AXUDAS PARA CONTRIBUIR A MINIMIZAR O IMPACTO ECONÓMICO E SOCIAL DO COVID-19 NO TERMO MUNICIPAL DE CEDEIRA

A efectos de xeral coñecemento faise público o acordo da Xunta de Goberno Local de data 04.11.2021, polo que se conceden as axudas para contribuir a minimizar o impacto económico e social do Covid-19 no termo municipal de Cedeira.

VER PDF Aprobación da concesión de axudas para contribuir a minimizar o impacto económico e social do covid-19 no termo municipal de Cedeira