Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

PERSOAL E FACENDA

A atención ao público nas dependencias municipais limitarase ás urxencias

A atención ao público das dependencias municipais limitarse a causas de URXENCIA, e sempre concertando unha cita previa contactando mediante o correo electrónico (correo@cedeira.gal) ou chamando ós seguintes teléfonos en horario de 9 a 14 horas:

  • 981 480 000
  • 607 469 596
  • 607 407 338
  • 607 843 314

Recórdase aos veciños e veciñas que dispoñan de certificado dixital que poderán levar a cabo as súas xestións a través da sede electrónica do concello (sede.cedeira.gal) todos os días do ano durante as vintecatro horas do día. Os empregados públicos quedan a disposición da veciñanza nos teléfonos antes indicados para axudarlles, no que sexa posible, no uso da sede.

VIAQUA pecha temporalmente a oficina do servizo municipal de auga

VIAQUA pecha desde hoxe as oficinas de atención ao público de forma temporal. Esta medida preventiva está orientada a garantir a seguridade e saúde do noso persoal e os nosos clientes, e atópase en liña coas medidas xa tomadas previamente e coas recomendacións feitas pola Xunta de Galicia e tamén polo Goberno de España ao tecido empresarial e outras organizacións.

Todas as xestións poderanse seguir realizando a través das canles de atención non presenciais como son teléfono de atención ao cliente (900 201 230), teléfono de incidencias (900 201 250) e oficina virtual.

VIAQUA está a garantir a correcta continuidade do servizo coas máximas garantías a todos os municipios onde os prestan.

Na seguinte web o cliente poderá atopar información sobre as canles de atención non presenciais onde realizar as súas xestións.

https://www.viaqua.gal/gl/canales-de-contacto