Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

PERSOAL E FACENDA

O Concello aprobou unha bonificación do 50% no IBI polo aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía solar

O CONCELLO APROBOU UNHA BONIFICACIÓN DO 50% NO IBI POLO APROVEITAMENTO TÉRMICO OU ELÉCTRICO DA ENERXÍA SOLAR

O pleno do Concello de Cedeira, na sesión celebrada na tarde de onte, aprobou por unanimidade rebaixar a carga impositiva aos propietarios de vivendas que opten polo uso de paneis solares para o consumo de luz e auga quente. Así, a partir de agora os bens inmobles que teñan instalados sistemas para o aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía procedente do sol terán unha bonificación do 50% na cota íntegra do imposto o primeiro ano, e dun 25% o segundo ano. A medida está vinculada á instalación destes sistemas durante os primeiros anos da súa posta en funcionamento e nos casos que non veña imposta por obriga legal o regulamentaria. Tamén está condicionada a que as instalacións para a produción de calor engadan colectores homologados pola administración competente.

O goberno municipal pretende así seguir a introducir criterios medioambientais nas respectivas ordenanzas fiscais que o permitan -xa existe unha redución do 50% no imposto rodaxe pola compra de coches eléctricos- para tratar de sensibilizar á cidadanía sobre o emprego de enerxías alternativas ou menos contaminates, como no caso dos vehículos.

O pleno tamén aprobou por unanimidade unha moción presentada polo equipo de goberno (PSOE, BNG e Anova) pola que se insta a Área Sanitaria de Ferrolterra a solucionar as carencias de persoal sanitario que, durante todo o ano pero de maneira máis especial durante os periodos vacacionais, está a xenerar continuas queixas entre os usuarios da sanidade pública. A corporación entende que o servizo que se está a dar en Cedeira -con feitos como o de ter que compartir pediatra co Concello de Valdoviño, tal e como aconteceu o pasado verán, non dispoñer dun facultativo de reforzo e deixar sen cubrir as baixas- merman as prestacións que reciben os usuarios do Sergas, polo que se demanda dos seus responsables que se adopten as medidas necesarias para corrixir as deficiencias sinaladas.

Pola vía de urxencia, o pleno sacou adiante por unanimidade unha moción tamén presentada polo equipo de goberno pola que o Concello de Cedeira se incorpora á Xunta pro Devolución do Pazo de Meirás, rexeita a xestión por parte da Fundación Nacional Francisco Franco do programa de visitas á que aínda hoxe é residencia de verán da familia Franco e apoia ao Concello de Sada na súa demanda de facerse cargo delas. A corporación entende que a “adquisición do pazo aos herdeiros da Condesa de Pardo Bazán foi un roubo e un espolio continuado” e os metodos que se utilizaron “fraudulentos”.

O pleno aprobou finalmente como festas locais cara ao próximo ano os días 13 de xuño e 26 de xullo, festividades de San Antón e Santa Ana, respectivamente.

Cedeira convoca as axudas públicas para fomentar a cultura e promocionar o deporte a través das entidades locais

CEDEIRA CONVOCA AS AXUDAS PÚBLICAS PARA FOMENTAR A CULTURA E PROMOCIONAR O DEPORTE A TRAVÉS DAS ENTIDADES LOCAIS

O curso escolar arrinca en Cedeira coa apertura do plazo de presentación de solicitudes para ter acceso ás subvencións concedidas polo Concello para fomentar a cultura e o deporte a través das iniciativas levadas a cabo polas entidades locais, así como para a mellora das instalacións e a compra de bens inventariados con aportacións económicas sempre que o importe da axuda solicitada sexa superior aos 100 euros.

As convocatorias fixéronse públicas hoxe coa publicación das catro resolucións no Boletín Oficial da Provincia, polo que desde o equipo de goberno se anima ás asociacións a consultar canto antes as disposicións para acceder ás devanditas axudas.

A partir de agora ábrese un prazo de 15 días para a presentación de solicitudes. As instancias hainas que presentar na sede electrónica del Concello. O goberno local reserva unha partida de 48.000 euros para apoiar por esta vía a cultura e promocionar o deporte no ámbito local, coa concesión de axudas que poden chegar a representar ata un 70% da cantidade necesaria para levar a cabo unha determinada actividade. No caso das subvencións culturais, establécese unha aportación máxima de 1.500 euros por cada beneficario.

Pode consultar toda a información sobre as subvencións municipais na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Subvencións municipais

Aberto o prazo de solicitude de subvencións para gastos de funcionamiento de escolas de música e comisións de festas

ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DE SUBVENCIÓNS PARA GASTOS DE FUNCIONAMIENTO DE ESCOLAS DE MÚSICA E COMISIÓNS DE FESTAS

O Concello abre hoxe o prazo de solicitude para dúas subvencións: Subvención para gastos de funcionamiento de escolas de música e subvencións para comisións de festas.

Nas seguintes ligazóns pone consultar as bases publicadas de ámbalas dúas subvencións:

IR Á LIGAZÓN Bases para a subvención para gastos de funcionamiento de escolas de música

IR Á LIGAZÓN Bases para a subvención para comisións de festas

Na seguinte ligazó pode consultar toda a información sobre subvencións municipais:

IR Á LIGAZÓN Subvencións municipais