A Xunta acaba de publicar no DOG as medidas de prevención que afectarán a toda Galicia
Atendendo á evolución da crise sanitaria, a Xunta acaba de publicar no DOG as medidas de prevención que afectarán a toda Galicia:
- Os establecementos de hostalaría e restauración deberán pechar non máis tarde da unha da madrugada sen que poida permitirse o acceso de ningún cliente desde as 00.00 horas.
- Discotecas e outros locais de lecer nocturno permanecerán pechados.
- O consumo dentro do local poderá realizarse en barra ou sentado en mesa, ou agrupacións de mesas, e deberase asegurar o mantemento da debida distancia de seguridade interpersoal entre clientes, tanto entre os situados na barra como nas mesas ou agrupacións de mesas.
- No caso particular de consumo de tabaco ou de cigarros electrónicos na vía pública ou en espazos ao aire libre, incluídas as terrazas, só se poderá exceptuar a obriga de uso de máscara, e exclusivamente durante o indicado consumo, sempre que, tendo en conta a posible concorrencia de persoas e as dimensións do lugar, poida garantirse o mantemento, en todo momento, da distancia de dous metros con outras persoas.
Recoméndase:
- Restrinxir os encontros sociais fóra do grupo de convivencia estable e limitar as reunións a un máximo de 10 persoas.
A presente orde producirá efectos desde as 00:00 h do 17 de agosto.
Na seguinte ligazón pode accederse ao texto íntegro da ORDE do 15 de agosto de 2020 publicada no DOG: