Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

MEDIO AMBIENTE

O Consello de Ministros aprobou este martes o Plan para a Transición cara a unha Nova Normalidade

O documento establece os principais parámetros e instrumentos para a adaptación do conxunto da sociedade á «nova normalidade», coas máximas garantías de seguridade, tras a crise provocada pola COVID-19.

Descarga PDF Plan para a Transición cara a unha Nova Normalidade

Descarga PDF Previsión orientativa para o levantamento das limitacións de ámbito nacional establecidas no estado de alarma, en función das fases de transición a unha nova normalidade

Augas de Galicia acometerá obras de mantemento e conservación no Río Condomiñas

O goberno de Cedeira agradece a Augas de Galicia a intervención que proximamente levará a cabo no leito do río Condomiñas xa que responde á demanda realizada no seu día e de maneira conxunta polo Concello e a Asociación Amigos dos Ríos de Cedeira (ARCE).

Esta petición fora abordada na reunión que o alcalde, Pablo Diego Moreda Gil, e máis o presidente de ARCE, Camilo Casal, mantiveron o pasado mes de decembro coa subdirectora xeral de Planificación e Proxectos de Augas, Patricia Montes.

A actuación prevista consistirá principalmente na retirada de árbores caídas e na eliminación do tapón que se forma á beira do río, á altura do polígono da Xunqueira, polas naves que chegan prácticamente ao borde do Condomiñas. Os traballos desenvolveranse ao longo ´de 1.025 metros.

O rexedor municipal reitera o interese do Concello en potenciar a rexeneración do leito fluvial, para contribuír á conservación da natureza e para facelo máis atractivo cara ao uso tanto da veciñanza como de turistas e visitantes.

Neste sentido, Pablo Diego Moreda destacou o traballo que desde o Concello se leva realizado nesta dirección, así como o compromiso que existe por parte de ARCE en seguir apostando pola recuperación integral do río Condomiñas.

As intervencións levadas a cabo ata de agora deron lugar á recuperación dun quilómetro do curso fluvial, pero a idea é moito máis ambiciosa. A pretensión é facer da beira do río un camiño transitable desde a vila de Cedeira ata o lugar de San Andrés de Teixido. Alcanzar este obxectivo require actuar en sucesivos tramos ata completar a distancia de seis quilómetros que existe entre ambos puntos.

Un convenio de colaboración entre Augas de Galicia, Concello e Arce tamén é unha opción que tampoco se descarta para acometer as tarefas pendentes ata a recuperación integral do Condomiñas.