Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

MEDIO AMBIENTE

Cedeira pode garantir a calidade da auga das praias segundo o informe de sanidade da Xunta de Galicia

O goberno municipal de Cedeira valora a clasificación sanitaria final da auga das praias para o 2020, que é de “excelente” no caso do areal de Arealonga e de “boa” no da Madalena, segundo o informe emitido pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

O alcalde, Pablo Diego Moreda Gil, entende que “se trata dunha calificación moi boa, aínda que seguiremos traballando para que a Madalena pase de boa a excelente”. Moreda Gil recorda que o informe recolle a media dos últimos catro anos.

O rexedor municipal considera que os resultados responden a unha serie de accións que se están a levar a cabo desde o ano 2015, entre as que destacou o feito de apostar e seguir apostanto por canalizacións separadas de pluviais e fecais na red de sumidoiros, pola posta en marcha do servizo de recollida de aceite usado e polas actuacións executadas para acabar cos puntos de verteduras localizados, entre outras. Tamén valorou a contribución tanto da Xunta de Galicia como da Asociación ARCE (Amigos dos Ríos de Cedeira) á conservación do medio ambiente.

Estas melloras terán continuidade este mesmo ano, segundo o alcalde, cun novo investimento de 300.000 euros para novas obras na rede de sumidoiros, “que era o maior problema de contaminación que había”, e por controlar e evitar posibles futuras verteduras.

O Goberno publica a orde que fai obrigatorio o uso de máscaras en espazos públicos se non se pode manter a distancia de seguridade

Orden SND/422/2020, de 19 de maio, pola que se regulan as condicións para o uso obrigatorio de mascarilla durante situación de crisis sanitaria ocasionada pola COVID-19.

Mediante a presente orde disponse, con carácter xeral, o uso obrigatorio de máscaras en persoas de seis anos en diante na vía pública, en espazos ao aire libre e en calquera espazo pechado de uso público ou que se atope aberto ao público, sempre que non sexa posible manter unha distancia de seguridade interpersoal de polo menos dous metros, sendo recomendable o seu uso para a poboación infantil de entre tres e cinco anos.

Son excepcións a esta obrigación aquelas persoas que presenten algún tipo de dificultade respiratoria que poida verse agravada pola utilización da máscara e aquelas que teñan contraindicado o seu uso por motivos de saúde ou discapacidade.
Así mesmo, o seu uso non será esixible no desenvolvemento de actividades que resulten incompatibles, tales como a inxesta de alimentos e bebidas, así como en circunstancias nas que exista unha causa de forza maior ou situación de necesidade.

O previsto nesta orde debe entenderse sen prexuízo da necesidade de seguir cumprindo coas recomendacións das autoridades sanitarias relativas ao mantemento da distancia interpersoal, a hixiene de mans e resto de medidas de prevención..

Máis información na seguinte ligazón:

https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-2020-5142

Plan para a transición: guía da Fase 1

O Ministerio de Sanidade elaborou un Plan para a transición á nova normalidade, para aquelas unidades territoriais que pasan hoxe luns, 11 de maio, a Fase 1 .

Na guía poden encontrarse os apartados diferenciados sobre medidas establecidas, medidas sociais, comercio e prestación de servizos, hostalería e restauración, educación,servizos sociais, cultura e deporte, establecementos turísticos e hoteis , medidas de hixiene dos establecementos e un mapa dos territorios en Fase 1.

Máis información na seguinte ligazón

Descarga Plan para a transición: guía da Fase 1