Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

DEPORTES

O Concello repartirá esta semana o boletín As7parroquias que volve á rúa despois do verán

O CONCELLO REPARTIRÁ ESTA SEMANA O BOLETÍN AS7PARROQUIAS QUE VOLVE Á RÚA DESPOIS DO VERÁN

O boletín As7parroquias, que edita o Concello de Cedeira para ter informada a veciñanza, volverá este xoves estar na rúa despois do verán. Por esta razón, na publicación recóllense balances moi exitosos tanto no campo deportivo como no relativo á campaña turística, así como outros moitos asuntos de actualidade.

Durante o tempo estival o municipio acolleu competicións de tríatlon, pádel, fútbol sala e fútbol praia, ao tempo que recibía unha morea de viaxeiros que se achegaron á vila para visitar o castelo da Concepción, o santuario de Santo André de Teixido ou mesmo para tomar parte nas xeorrutas e roteiros promovidos polo Concello dentro da súa oferta turística. Case 7.000 persoas pasaron este verán pola oficina de turismo e xa son máis de 2.000 as que nos últimos tres anos se acercaron á xeoloxía a través das saídas gratuítas, que fan desta riqueza natural un recurso turístico diferencial.

No boletín tamén houbo espazo para explicar os contidos dos orzamentos que se aprobaron no mes de agosto e estarán vixentes ata final de ano, a aposta do goberno municipal para incrementar o número de lámpadas de tecnoloxía LED tanto na zona rural como urbana, así como a licitación da obra que fará do castelo da Concepción o centro interpretativo do xacemento arqueolóxico de Punta Sarridal.

As clases de zumba darán comezo o día 2 de outubro e serán os luns, mércores e venres na Sala Áncora

AS CLASES DE ZUMBA DARÁN COMEZO O DÍA 2 DE OUTUBRO E SERÁN OS LUNS, MÉRCORES E VENRES NA SALA ÁNCORA

O Concello de Cedeira acaba de abrir o prazo de inscrición para as persoas interesadas nas clases de zumba gold (baile activo) que darán comezo o día 2 de outubro e que correrán a cargo da monitora Fanny Barge.

A Sala Áncora, situada nos baixos do palco da praza Roxa, acollerá unha actividade que se impartirá os luns, mércores e venres en horario de 11.00 a 12.00 horas. As persoas interesadas xa poden inscribirse nas oficinas dos servizos sociais, situadas na terceira planta do edificio do auditorio municipal. Para máis información tamén se pode chamar ao número 981 492 179.

A actividade de ximnasia terapéutica impartirase na vila, Esteiro, Montoxo, San Román e Santalla

A ACTIVIDADE DE XIMNASIA TERAPÉUTICA IMPARTIRASE NA VILA, ESTEIRO, MONTOXO, SAN ROMÁN E SANTALLA

O Concello de Cedeira abre o prazo de inscrición para as persoas que se apunten por primeira vez á actividade de ximnasia terapéutica, que dará comezo o día 1 de outubro e que se impartirá na vila de Cedeira e máis nas parroquias de Esteiro, Montoxo, San Román e Santalla de Cervo. As interesadas deben apuntarse nas oficinas dos Servizos Sociais (centro sociocultural) en horario de 10.00 a 13.00 horas. Os repetidores poderán inscribirse na mesma clase.

O obradoiro, que será impartido pola fisioterapeuta Marta González, terá lugar os martes e xoves. O primeiro día levarase a cabo en Esteiro, ás 9.45 horas, e en Cedeira, que será ás 11.00 na sala Áncora e 12.15 horas na cafetería do auditorio.

O xoves a actividade trasladarase ás 9.30 horas a Montoxo, ás 10.45 horas a San Román e ás 12.30 horas a Santalla de Cervo.

Desde o Concello anímase á veciñanza a tomar parte nun programa que favorece a mobilidade e mellora a flexibilidade das articulacións, entre outros beneficios, e ademais axuda á sociabilidade entre o colectivo da Terceira Idade.