A actividade de ximnasia terapéutica impartirase na vila, Esteiro, Montoxo, San Román e Santalla
A ACTIVIDADE DE XIMNASIA TERAPÉUTICA IMPARTIRASE NA VILA, ESTEIRO, MONTOXO, SAN ROMÁN E SANTALLA
O Concello de Cedeira abre o prazo de inscrición para as persoas que se apunten por primeira vez á actividade de ximnasia terapéutica, que dará comezo o día 1 de outubro e que se impartirá na vila de Cedeira e máis nas parroquias de Esteiro, Montoxo, San Román e Santalla de Cervo. As interesadas deben apuntarse nas oficinas dos Servizos Sociais (centro sociocultural) en horario de 10.00 a 13.00 horas. Os repetidores poderán inscribirse na mesma clase.
O obradoiro, que será impartido pola fisioterapeuta Marta González, terá lugar os martes e xoves. O primeiro día levarase a cabo en Esteiro, ás 9.45 horas, e en Cedeira, que será ás 11.00 na sala Áncora e 12.15 horas na cafetería do auditorio.
O xoves a actividade trasladarase ás 9.30 horas a Montoxo, ás 10.45 horas a San Román e ás 12.30 horas a Santalla de Cervo.
Desde o Concello anímase á veciñanza a tomar parte nun programa que favorece a mobilidade e mellora a flexibilidade das articulacións, entre outros beneficios, e ademais axuda á sociabilidade entre o colectivo da Terceira Idade.