Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

Author: Ana

Cedeira ofrece aos visitantes Roteiros guiados e gratuítos para que coñezan mellor o municipio

“Descobre Cedeira” é o lema do programa de visitas guiadas que o Concello de Cedeira ofrece a quen queira coñecer mellor un municipio con lugares de interese etnográfico, cultural e paisaxístico.

Roteiro dos Tesouros, Roteiro de Santo André de Teixido e Roteiro da Vila son os nomes que serven para identificar tres percorridos con características moi diferentes. Así, mentres que o primeiro vai do paseo marítimo ao faro da Robaleira, o segundo achega os visitantes á Galicia máis tradicional e salvaxe. O terceiro, pola súa banda, toma como referencia o casco vello da vila para pasear ata a capela de San Antón, o xacemento arqueolóxico do Sarridal e mesmo o castelo da Concepción.

A programación, que deu comezo na primeira quincena de xullo, prolongarase ata o día 17 de setembro. As persoas interesadas deben dirixirse á oficina municipal de Turismo (981 482 187) ou ben mandar un correo electrónico á seguinte dirección: mar.lópez@cedeira.es.

A participación é gratuíta e a dificultade dos desprazamentos -todos a pé- entre baixa e media. As distancias a percorrer oscilan entre os 18 quilómetros (ida e volta a San Andrés) e os 6 ou 7 das outras dúas saídas. Os roteiros comezan ás 10.00 horas.

As saídas do Roteiro dos Tesouros están previstas para os días 28 de xullo, 11 e 25 de agosto e 8 de setembro. Pola súa banda, as que levarán aos viaxeiros ata o santuario de Santo André serán os días 30 de xullo, 6, 13, 20 e 27 de agosto e 3, 10 e 17 de setembro. O Roteiro Vila de Cedeira terá lugar os días 4 e 18 de agosto e 1 e 15 de setembro.

Valentín González Formoso afirma que emprego e servizos sociais son “prioridades absolutas” dos investimentos da Deputación en Ortegal

O presidente da Deputación reuniuse onte en Ortigueira cos alcaldes e alcaldesas da comarca para avaliar o alcance das medidas implementadas tras a Covid19 e analizar as novas necesidades

Formoso anuncia que a Deputación presentará hoxe as bases do Fondo de Reactivación Económica e Social da Provincia, dotado con 10 millóns de euros en axudas para autónomos e microempresas.

A Deputación xa investiu máis de 3,2 millóns nos seis concellos da comarca para contrarrestar os efectos da crise.

Fonte: Deputación da Coruña

IR Á LIGAZÓN da noticia Valentín González Formoso afirma que emprego e servizos sociais son “prioridades absolutas” dos investimentos da Deputación en Ortegal

Foto da Deputación da Coruña

Publicadas no BOP as bases reguladoras de axudas para o impulso da actividade económica no termo municipal de Cedeira para paliar os efectos da COVID-19

O Boletín Oficial da Provincia publicou na súa edición de onte as bases polas que empresarios e autónomos, comunidades de bens ou sociedades civís da localidade poderán acceder ás axudas concedidas polo Concello para reactivar a economía local e atenuar o impacto da crise ocasionada pola Covid-19.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP). A presentación da documentación fóra de prazo e a non utilización dos formularios normalizados de uso obrigatorio, serán causas de rexeitamento cara á tramitación da axuda.

Nas seguintes ligazóns pode descargar as bases así coma os impresos de solicitude:

DESCARGA bases reguladoras de ayudas para el impulso de la actividad económica en el término municipal de Cedeira, para paliar los efectos del covid-19

DESCARGA SOLICITUDE DA SUBVENCIÓN POR PERSOAS FÍSICAS

DESCARGA DECLARACIÓN RESPONSABLE PERSOAS FÍSICAS

DESCARGA SOLICITUDE DA SUBVENCIÓN POR PERSOAS XURÍDICAS, COMUNIDADES DE BENS, SOCIEDADES CIVÍS OU ENTIDADES ECONÓMICAS SEN PERSONALIDADE XURÍDICA

DESCARGA DECLARACIÓN RESPONSABLE PERSOAS XURÍDICAS, COMUNIDADES DE BENS, SOCIEDADES CIVÍS OU ENTIDADES ECONÓMICAS SEN PERSONALIDADE XURÍDICA