Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

Author: Ana

Cedeira substitúe 69 antigas luminarias por outras de tecnoloxía led en rúas do casco vello da vila

CEDEIRA SUBSTITÚE 69 ANTIGAS LUMINARIAS POR OUTRAS DE TECNOLOXÍA LED EN RÚAS DO CASCO VELLO DA VILA

O Concello de Cedeira vén de substituír 69 luminarias de vapor de sodio (VSAP) en rúas do casco vello por outras de tecnoloxía led de menor potencia, maior rendemento e menos contaminantes. A obra afectou ás rúas Ezequiel López, Mariñeiro e Real, por se atopar en peor estado debido á súa antigüidade.

O goberno de Cedeira é coñecedor de que o consumo de recursos enerxéticos fósiles non renovables constitúe un dos problemas medioambientais de maior importancia a nivel global. Deste xeito o Concello opta por unha política enerxética encamiñada a obter unha redución da cantidade de enerxía consumida para un mesmo nivel de actividade. O orzamento de licitación do proxecto executado ascendeu 30.250,00 euros e a adxudicación do mesmo quedou fixada en 27.164,50 euros.

As novas luminarias están exentas de mercurio, teñen unha maior vida útil e son máis eficien­tes, segundo apuntan desde o equipo de goberno.

A Xunta xa ten como prioridade, cara ao 2018, o proxecto técnico da reforma da estrada AC-566

A XUNTA XA TEN COMO PRIORIDADE, CARA AO 2018, O PROXECTO TÉCNICO DA REFORMA DA ESTRADA AC-566

A obra de mellora que o goberno de Cedeira demanda da Xunta para a estrada AC-566, entre outros asuntos, levou ao alcalde, Pablo Moreda Gil, a entre­visarse hoxe co presidente do executivo autonómico, Alberto Núñez Feijóo, nun encontro “moi frutífero”, segundo apuntou Moreda. O alcalde e máis o concelleiro Manuel Pérez volveron á vila co compromiso de Núñez Feijóo de atopar, cara ao 2018, unha solución para reducir o tempo da viaxe entre Valdoviño e Cedeira.

Ese obxectivo pasa por dúas posibles alternativas una vez se proceda por parte dos técnicos á revisión do trazado, segundo o apuntado hoxe na reunión: ben coa intervención prevista para o tramo das denominadas curvas de Landeira -que cobre unha distancia de 2,5 quilómetros- ou coa creación dun terceiro carril en determinados puntos da estrada para permitir os adelantamentos de tráfico rodado.

Núñez Feijoo chegou a dicir que a reforma da estrada AC-566 “xa é unha prioridade para a Xunta cara ao 2018, no que ao proxecto técnico se refire”. Así, desde agora mesmo os técnicos da Xunta comezarán a traballar na elaboración dun anteproxecto no que estarán recollidas as dúas posibilidades coa fin de atopar á solución definitiva. Esta adoptarase nunha segunda reu­nión que os responsables da Xunta e do Concello mantendrán a mediados do próximo ano. As obras poderían licitarse no 2019.

Moreda Gil sinalou que “confiamos na palabra do presidente, que entende a preocupación que existe en Cedeira porque esta reforma se leve a cabo”. Nesta dirección, o alcalde de Cedeira reiterou a necesidade de mellorar a estrada para “garantir o dinamismo que ten que ter una so­ciedade para non quedar no olvido”.

 

 

O alcalde aproveitou así mesmo o encontro co presidente para poñer no seu coñecemento outros proxectos sobre os que tamén está a traballar o executivo local. Moreda informou a Fei­jóo de que o Concello xa ten un principio de acordo coa Consellería de Medio Rural para a ad­quisición da propiedade que comparte coa administración local a fin de garantir a ampliación do centro de saúde. O obxectivo é aumentar a súa actual capacidade ata un 40% coa ocupación dos terreos situados a carón do actual dispensario médico.

Outra iniciativa pasa por buscar a cofinanciación de outras administracións para ampliar a piscina municipal. O proxecto necesita dun investimento superior ao millón de euros, unha in­versión que o goberno local xustifica en base á saturación das actuais instalacións polos moitos usuarios que a comparten. A piscina ten só catro rúas e 16 metros de loxitude.

A obra “O Tolleiro de Inishman” poderase ver o domingo no auditorio de Cedeira

A OBRA “O TOLLEITO DE INISHMAN” PODERASE VER O DOMINGO NO AUDITORIO DE CEDEIRA

O auditorio municipal de Cedeira acollerá o domingo (día 29 de outubro) unha nova representación teatral. Unha convocatoria que será ás 18.30 horas e dará lugar á posta en escena da obra “O tolleito de Inishman”, un espectáculo dirixido por Cándido Pazó e ambientado nunha illa irlandesa, chea de personaxes curiosos, pintorescos, característicos, e entre todos eles un tolleito, un ser desfavorecido que soña con poder ser amado e valorado. Unha
comedia coa que o público se sentirá “atrapado polo humor e a tenrura” dun teatro “tan entra- ñable e tan noso” como o irlandés, tal e como apuntaron algúns críticos.