Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

COVID-19

Ampliación do horario e o prazo de inscricións do campamento de verán

En data 25 de xuño, por Decreto número 321 desta alcaldía, se aprobaron as bases para a selección dos participantes no campamento urbano de Cedeira.

Resultando que o horario que figura nas devanditas bases maniféstase insuficiente para atender a finalidade última que persigue a organización do campamento que é a de facilitar a conciliación laboral coa vida persoal e familiar, considérase necesario corrixir as bases nese punto a fin de emendar o erro e ampliar o devandito horario orixinario, ampliando tamén o prazo de presentación de solicitudes e por tanto, a data de comezo do campamento.

Así mesmo substitúese, para o caso de que existan máis solicitudes presentadas dentro do prazo establecido que cumpran os requisitos que prazas vacantes, a preferencia en función da orde de presentación por rexistro polo sistema de sorteo, en aras de non prexudicar a aqueles interesados que presenten solicitude no prazo que se amplía como resultado da modificación do horario dos campamentos.

Por último, tendo en conta a sensibilidade que as administracións deben procurar ás situacións daquelas persoas máis necesitadas, introdúcese un novo cupo de reserva para aqueles menores que se atopen en situación ou risco de exclusión social ao entender que o campamento é unha solución de ocio alternativa moi beneficiosa para os menores que se atopen nunha situación destas características.

Para máis información pode descarga o decreto definitivo na seguinte ligazón:

Ver PDF Aprobación das bases do campamento de verán

Proposta medidas para o desenvolvemento das actividades no campamento urbán de conciliación de Cedeira

O campamento urbano que terá lugar do 13 de xullo ao 29 de agosto ten establecido un protocolo de funcionamiento para desenvolver as actividades coas máximas garantías de prevención e hixiene.

Na seguinte ligazón pódese ler a proposta das medidas.

Ver PDF Proposta medidas para o desenvolvemento das actividades no campamento urbán de conciliación de Cedeira

O prazo de inscrición remata o 8 de xullo e poderá facerse a través da sede electrónica do concello ou de forma presencial no rexistro con cita previa.

Reanudase a todos os efectos o funcionamento da ZONA AZUL no municipio de Cedeira

O pasado día 18 de marzo foi emitido un bando da Alcaldía polo que se facía saber á veciñanza que ante a crise provocada polo virus COVID-19 (Coronavirus), á vista da declaración do estado de alarma efectuada polo Goberno da Nación, e coa fin de contribuír e facilitar a limitación da mobilidade, quedaba suspendida a ZONA AZUL no municipio de Cedeira ata o remate do estado de alarma.

Unha vez rematado o estado de alarma e xa dentro da “nova normalidade”, infórmase aos veciños e veciñas que a partir do vindeiro luns, 6 de xullo, reanudarase a todos os efectos o funcionamento da ZONA AZUL no municipio de Cedeira.