Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

SERVIZOS Á TERCEIRA IDADE

Programas encamiñados ás familias con persoas maiores ao seu cargo e persoas maiores que viven soas para ofrecer acollemento ou teleasistencia domiciliaria, entre outros.

  • Apoio social a persoas con demencia: estancia de 15 a 29 días nunha residencia asistida para persoas maiores de 65 anos con demencias neurodexenerativas e para as persoas que os coidan habitualmente, en concepto de acompañantes.
  • Nadal entre amigos: vacacións gratuítas para persoas maiores que estean soas durante o Nadal.
  • Programa de respiro familiar: estancia e tratamento termal nun centro dotado dos recursos materiais e persoais necesarios para a atención das persoas maiores con discapacidade físicas ou psíquicas e que necesiten de axuda para as actividades da vida diaria.
  • Pensión non contributiva de xubilación: prestación económica individual de carácter periódico que garante uns ingresos mínimos a aquelas persoas que non poidan acceder a outro tipo de pensións.
  • Axudas individuais non periódicas: axuda de carácter non periódico destinado a aquelas persoas que padezan algún tipo de discapacidade.
  • Axudas de apoio a familias coidadoras de maiores dependentes: axuda destinada a familiares coidadores/as principais de persoas maiores dependentes.
  • Cheque asistencial: axuda económica individual para persoas maiores de 65 anos. Este programa ten catro modalidades: cheque residencia, cheque centro de atención diúrna, cheque de atención de axuda no fogar e cheque de estadía temporal ou programas de respiro.
  • Acollemento familiar para a terceira idade: axuda económica individual para persoas maiores de 65 anos. A finalidade é manter ao maior no seu medio social habitual evitando a súa institucionalización.
  • Xantar na casa.
  • Termalismo social Imserso: vacacións de descanso en balnearios.
  • Turismo social: vacacións de descanso en zonas turísticas, balnearios…
  • Estadías temporais: apoio a familiares ou persoas coidadoras que temporalmente non poden prestar a debida atención á persoa maior que coidan habitualmente.
  • Teléfono do maior: teléfono de carácter gratuíto para manter informadas ás persoas maiores dos recursos existentes para a súa atención.
  • Programa de aplicación de novas tecnoloxías para persoas con demencia leve-moderada: pon a disposición de coidadores e coidadoras un pequeno equipo con tecnoloxía GSM que lles permitirá coñecer en todo momento onde se atopa a persoa coidada.
  • Detector de movemento para persoas maiores: dispositivo complementario ao servizo de teleasistencia domiciliaria para contribuír ao incremento da autonomía daquelas persoas maiores que viven ou pasan a maior parte do tempo soas.
  • Teleasistencia domiciliaria: servizo de atención telefónica ininterrompida que permite, ante calquera situación de emerxencia e con tan só premer un botón, comunicarse cunha central, atendida por persoal especializado, para darlle resposta á crise. Dirixido a persoas maiores e persoas con discapacidade.
  • Estadías nas residencias de tempo libre: destinado a persoas maiores de idade ou menores acompañados dos seus pais ou titores.
  • Actividades:
    • Obradoiros de estimulación cognitiva en colaboración con AFAL
    • Actividades físicas e psicosociais para persoas con enfermidades crónicas en colaboración con ALCER.
    • Obradoiros de memoria.
    • Ximnasia terapéutica.
    • Ximnasia de mantemento.
    • Zumba.

Para a tramitación de solicitudes ou para obter máis información sobre estes recursos, é preciso concertar unha entrevista cos servizos sociais do Concello. Para solicitar a cita, pódese acudir ás oficinas do departamento ou chamar por teléfono.

Centro Sociocultural, rúa do Convento s/n – 3º andar

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9.00 h a 14.00 h.

981 492 179