Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

ESTRUTURA DO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS E IGUALDADE

O departamento de Servizos Sociais e Igualdade do Concello de Cedeira atópase no terceiro andar do Centro Sociocultural municipal (rúa do Convento, s/n) e está dirixido pola concelleira-delegada Magdalena Pérez Villar.

Desde este departamento xestiónanse todos os asuntos relativos a axudas sociais a diversos colectivos, actividades para maiores e actividades encamiñadas a fomentar a igualdade.

O departamento dispón dun equipo técnico formado por:

  • Dúas traballadoras sociais.
  • Unha educadora familiar.
  • Unha psicóloga.
  • Un auxiliar administrativo.