SERVIZOS A FAMILIA, INFANCIA E XUVENTUDE
Ofrécese asesoramento sobre axudas para promover a igualdade de oportunidades, tales como o cheque infantil, libros de texto, acollemento, adopción, libro de familia numerosa…
- Bolsas de axuda ao estudo (Consellería de Educación e Ordenación Universitaria): destinadas ao alumnado de ensino obrigatorio, mediante o sistema de préstamo de libros.
- Axudas a familias en casos de partos ou adopción múltiple: axudas económicas para familias nas que se produza un parto múltiple, adopción ou acollemento preadoptivo de varios/as
- Cheque infantil: axuda económica para a atención de menores de tres anos en centros de primeira infancia non sostidos con fondos públicos.
- Prestación por fillo ou filla menor a cargo: axuda económica de pagamento único destinada a persoas que teñan ao seu cargo fillos ou fillas menores de tres
- Axudas a nais traballadoras con fillos ou fillas menores de tres anos (Axencia Tributaria): prestación económica mensual por cada fillo ou filla menor de tres
- Adopción.
- Acollemento familiar: proporciona a menores en situación de desprotección un fogar e unha familia que cubran as súas necesidades básicas temporalmente.
- Equipo do/a menor: equipo técnico pluridisciplinar en materia de protección do/a menor destinado a desenvolver programas preventivos e de intervención en casos de desprotección do menor. Existe unha coordinación continua deste servizo cos servizos sociais de atención primaria.
- Gabinetes de orientación familiar: servizo público gratuíto. A súa finalidade é servir de instrumento na protección e na atención da familia e dos seus membros.
- Puntos de encontro: son lugares onde pais, nais, fillos e fillas que non conviven xuntos poden realizar as visitas nun ambiente neutral baixo a supervisión de persoal especializado.
- Teléfono do/a menor: servizo gratuíto dirixido a menores que queiran achegar suxestións ou facer denuncias de situacións de malos tratos, desamparo…
- Servizo de atención ao/á menor: apartado de correos destinado a menores que non se atreven a expoñer a súa queixa ou suxestión de viva voz.
- Adquisición de libros de texto: axudas para a compra de libros de texto e material didáctico complementario destinadas a alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos, en calquera curso da educación primaria e secundaria.
- Título de familia numerosa.
- Axudas periódicas para a integración do/a menor: axudas individuais de carácter periódico para proporcionarlles apoio económico ás familias a fin de garantir a atención adecuada dos/as
- Estadías nas residencias de tempo libre: destinado a persoas maiores de idade ou menores acompañados/as de seus pais, súas nais ou titores/as legais.
- Centros de atención á primeira infancia: destinado a menores de tres anos con discapacidade física, psíquica e sensorial.
- Mediación familiar: profesionais especializados en actuacións psicosociofamiliares que auxilian a aquelas persoas que teñen ou tiveron unha relación familiar problemática a fin de ofrecerlles axuda para chegaren a unha solución pactada.
Para a tramitación de solicitudes ou para obter máis información sobre estes recursos, é preciso concertar unha entrevista cos servizos sociais do Concello. Para solicitar a cita, pódese acudir ás oficinas do departamento ou chamar por teléfono.
Centro Sociocultural, rúa do Convento s/n – 3º andar.
Horario de atención ao público: de luns a venres de 9.00 h a 14.00 h.
981 492 179