Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

O álbúm de mulleres

O Álbum de mulleres é un proxecto da Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega. Esta comisión desenvolve vías e medidas que, desde un enfoque de xénero, permiten pór en valor e visibilizar as contribucións das mulleres en todos os ámbitos da sociedade. O Álbum de mulleres está na internet desde 2005 e desenvólvese grazas á colaboración continuada entre a citada comisión e o portal culturagalega.org. Ten como principais obxectivos recuperar e facilitar progresivamente o acceso á información, datos, voces, imaxes, escritos, traballos e traxectorias de mulleres galegas ou relacionadas con Galicia.

Indice alfabético