Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER

O Concello de Ortigueira dispón dun Centro de Información á Muller (CIM). As súas principais funcións son as seguintes:

  1. Información e asesoramento xurídico.
  2. Atención psicolóxica.
  3. Información sobre os recursos dispoñibles no seu ámbito territorial.
  4. Difusión e sensibilización cidadá acerca da vixencia e aplicación do principio de igualdade entre mulleres e homes.
  5. Funcionamento como canle de comunicación entre as usuarias e os distintos organismos que teñen competencias en materia de muller.
  6. Información sobre cursos, estudos e xornadas en materia de igualdade de oportunidades e, en especial, difusión das actividades e servizos ofrecidos pola Secretaría Xeral de Igualdade.
  7. Realización de conferencias, encontros, xornadas e cursos sobre temas de especial incidencia na consecución do principio de igualdade.
  8. Atención específica a mulleres vítimas de violencia de xénero, poñendo á súa disposición a información sobre o acceso aos recursos existentes na Comunidade Autónoma a través da xestión urxente cos servizos policiais, sanitarios, psicolóxicos, xudiciais e sociais que sexan
  9. Recepción de denuncias e queixas en materia de discriminación por razón de sexo no ámbito da publicidade e os medios de comunicación e traslado destas ao órgano competente.
  10. Fomento do asociacionismo e da participación das mulleres na sociedade civil.
  11. Calquera outra actividade que se adecúe ao obxectivo prioritario da consecución da igualdade.

Este Centro de Información á Muller (CIM) presta servizo aos concellos de Cedeira, Cariño, Cerdido, Mañón e Ortigueira. Trátase dunha atención gratuíta enfocada a atender as demandas das mulleres e familias destes municipios.

Para máis información, pódese contactar co CIM de Ortigueira:

Centro de Servizos Sociais, Alameda, s/n. Ortigueira.

Horario de atención ao público: luns, martes e xoves, de 9.00 h a 14.00 h.

981 402 542 / 981 402 543