ATENCIÓN Á MULLER
O Concello de Cedeira ten un programa especial de atención á muller. Profesionais con cualificación específica ofrecen asesoramento, diagnóstico da situación familiar e seguimento personalizado para intentar resolver os problemas das usuarias deste servizo.
Actuacións
- Orientación social, xurídica e psicolóxica para mulleres que padecen especiais dificultades, como malos tratos, agresións sexuais
- Diagnóstico da situación e acceso, cando for preciso, aos recursos especializados (casa de acollida para mulleres maltratadas ou outros aloxamentos alternativos).
- Sensibilización e concienciación da sociedade sobre a incidencia destes problemas para mellorar o seu tratamento colectivo.
- Seguimento coordinado do caso por parte do equipo de profesionais ao cargo.
- Outros trámites:
- Axudas económicas.
- Petición de xustiza gratuíta.
Para a tramitación de solicitudes ou para obter máis información sobre estes recursos, é preciso concertar unha entrevista cos servizos sociais do Concello. Para solicitar a cita, pódese acudir ás oficinas do departamento ou chamar por teléfono.
Centro Sociocultural, rúa do Convento s/n – 3º andar.
Horario de atención ao público: de luns a venres de 9.00 h a 14.00 h.
981 492 179