Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

INFORMACIÓN SOBRE IGUALDADE

A Concellería de Servizos Sociais e Igualdade ofrece orientación, información e apoio co obxectivo de favorecer a igualdade de xénero. Pretende tamén dar axuda ás persoas que padecen especiais dificultades.

ONDE DIRIXIRSE NO CASO DE MALOS TRATOS

Recomendacións e directorio de teléfonos para chamar no caso de detectar violencia de xénero.

Se quere denunciar pode dirixirse a:

  • Policía Autonómica
  • Comisaría de Policía Local
  • Cuarteis da Garda Civil
  • Xulgado de Garda
  • Servizos sociais

Non esqueza incluír na denuncia:

  • Testemuñas, se as hai.
  • Copia do parte médico de lesións, se procede.
  • Identificación da persoa agresora.
  • Copia da denuncia.

Se ten que marchar da casa, non esqueza:

  • DNI.
  • Tarxeta da Seguridade Social.
  • Libro de familia.
  • Cartilla de aforros ou datos da conta corrente.

TELÉFONOS DE INTERESE

  • Teléfono da muller: 900 400 273
  • Policía Nacional: 091
  • Garda Civil: 062
  • Policía Autonómica: 981 546 415 – 981 546 474
  • Emerxencias: 112
  • Policía Local de Cedeira: 619 309 449
  • Urxencias médicas: 061

Para obter máis información, pódese acudir ás oficinas do departamento de servizos sociais ou chamar por teléfono:

Centro Sociocultural, rúa do Convento, s/n, 3o andar.

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9.00 h a 14.00 h.

981 492 179