O Concello pon a disposición da veciñanza unha liña telefónica para informar de persoas que poidan necesitar axuda
Desde o concello de Cedeira, dada a situación de emerxencia producida polo COVID19, poñemos á disposición da veciñanza, que poida ter coñecemento de persoas maiores ou enfermas que estén vivindo soas e que poideran necesitar dalgún tipo de axuda, unha liña telefónica para comunicarnos ditas situacións.
Teléfonos:
- 607 409 065
- 673 223 415
Lembremos que non debemos dar nós particularmente este tipo de axuda, xa que podemos incurrir en discordancia co estipulado no RD 463/2020 de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma. Desde os servizos sociais do concello e de voluntariado de Protección Civil encárganse destas funcións.
Durante as vindeiras xornadas seguirase informando das axudas extraordinarias que, dentro das competencias municipais, iranse aprobando.
Desde o Concello agradécese a todo o equipo de voluntarios/as de protección civil o seu apoio e solidariedade nestes momentos, a todas as asociacións e persoas particulares que amosaron as súas intencións de colaboración e a toda a veciñanza que está a gardar as medidas solicitadas desde o goberno.