Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

SERVICIOS SOCIAIS

Plan para a transición: guía da Fase 1

O Ministerio de Sanidade elaborou un Plan para a transición á nova normalidade, para aquelas unidades territoriais que pasan hoxe luns, 11 de maio, a Fase 1 .

Na guía poden encontrarse os apartados diferenciados sobre medidas establecidas, medidas sociais, comercio e prestación de servizos, hostalería e restauración, educación,servizos sociais, cultura e deporte, establecementos turísticos e hoteis , medidas de hixiene dos establecementos e un mapa dos territorios en Fase 1.

Máis información na seguinte ligazón

Descarga Plan para a transición: guía da Fase 1

Aberto o prazo para a presentación de solicitudes do subsidio extraordinario por falta de actividade para as persoas integradas no Sistema Especial para Empregados de Hogar do Réxime Xeral da Seguridade Social

O Servizo Público de Emprego Estatal abre o prazo para a presentación de solicitudes do subsidio extraordinario por falta de actividade para as persoas integradas no Sistema Especial para Empregados de Hogar do Réxime Xeral da Seguridade Social.

As solicitudes poderán presentarse en calquera oficina de asistencia en materia de rexistro, incluídas as oficinas de correos, dirixindo a solicitude a Unidade Subsidios Empregadas de Hogar. Dirección Xeral do Servizo Público de Emprego Estatal. Cale Condesa de Venadito, 9. 28027-Madrid. Tamén está previsto que poidan presentarse online a través da sede se dispoñen de DNI electrónico, certificado dixital ou Cl@ve.

Máis información nas seguintes ligazóns:

http://www.sepe.es/HomeSepe/COVID-19.html

http://www.sepe.es/HomeSepe/COVID-19/subsidio-extraordinario-personas-empleadas-hogar.html

Descarga Resolución do 30 de abril de 2020, do Servizo Público de Emprego Estatal, pola que se desenvolve o procedemento para a tramitación de solicitudes do subsidio extraordinario por falta de actividade para as persoas integradas no Sistema Especial para Empregados de Hogar do Réxime Xeral da Seguridade Social regulado na Real Decreto-lei 11/2020, do 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte ao COVID-19.

O Consello de Ministros aprobou este martes o Plan para a Transición cara a unha Nova Normalidade

O documento establece os principais parámetros e instrumentos para a adaptación do conxunto da sociedade á «nova normalidade», coas máximas garantías de seguridade, tras a crise provocada pola COVID-19.

Descarga PDF Plan para a Transición cara a unha Nova Normalidade

Descarga PDF Previsión orientativa para o levantamento das limitacións de ámbito nacional establecidas no estado de alarma, en función das fases de transición a unha nova normalidade