Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

NOVAS

PRAZOS E SOLICITUDES PARA A AUTORIZACIÓN DAS FOGUEIRAS DE SAN XOÁN 2021

O prazo para presentar as solicitudes de autorización das fogueiras de San Xoán / San Pedro do ano 2021 empezou onte luns 14 de xuño e remata este venres 18 de xuño ás 14:00 horas. O modelo de solicitude cuberto deberá presentarse no Rexistro do Concello de Cedeira.

Poderanse solicitar no concello en horario de maña de 09:00 a 14:00 h.

As fogueiras únicamente autorizaranse para a súa realización en terreos privados, quedando prohibidas as fogueiras en espacios e lugares públicos.

Pode consultar toda a información ao respecto nas seguintes ligazóns:

Descarga PDF Bando normas para as fogueiras da noite de San Xoán / San Pedro

Descarga PDF Solicitude de permiso para realizar fogueiras de San Xoán / San Pedro

SOMÉTESE A EXPOSICIÓN PÚBLICA A NOVA ORDENANZA PARA A PROTECCIÓN DOS CAMIÑOS E VÍAS MUNICIPAIS DE CEDEIRA

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a aprobación inicial da nova ordenanza municipal reguladora da protección dos camiños e vías públicas municipais do Concello de Cedeira. Segundo explicou o alcalde, Pablo Diego Moreda Gil, a normativa existente quedou obsoleta para controlar a intensa actividade das empresas madeireiras, que ten suma importancia para a zona, e deste modo a administración local dótase dun marco que vai garantir que poidan desenvolvela sen problema e de maneira que non causen danos ao patrimonio municipal.

Así, as empresas terán que facer unha comunicación previa das cortas que van realizar e mesmo depositar unha fianza para cubrir os danos nos camiños e estradas municipais, no seu caso. Estarán obrigadas a repoñer ao seu estado orixinal as ramplas que abran para acceder ao monte. O mesmo atinxe ás empresas do sector eólico e aos transportes de material pesado que fagan pola rede viaria do Concello.

A ordenanza establece sancións de 1.500 euros a 3.000 euros para as infraccións moi graves; de 750 a 1.500 euros para as graves e de ata 750 para as leves.

Tal como se informa no BOP, a ordenanza vai estar a exposición pública durante 30 días previa á súa aprobación definitiva.

Pódese descargar o texto integro na seguinte ligazón:

DESCARGA PDF ordenanza municipal reguladora da protección dos camiños e vías públicas municipais do Concello de Cedeira

ABERTO O PRAZO DE PREINSCRIPCIÓN PARA AS ACTIVIDADES DE VERÁN AO AIRE LIBRE 2021

Ata o 25 de xuño atópase aberto o prazo de preinscrición para as actividades ao aire libre de verán 2021.

As prazas cubriranse por riguroso orde de preinscrición ata cubrir o cupo. A confirmación da praza deberá realizarse entre o 28 e o 30 de xuño e o inicio das actividades serán o 1 de xullo.

As actividades que se ofertan son:

Adult@s e nen@s

  • Tenis
  • Padel
  • Padel Surf
  • Kayak

Recomendase a preincrición a través de:
teléfono 981 482 633
Correo: polideportivocedeira@gmail.com