Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

NOVAS

ABERTO O PRAZO DE PREINSCRIPCIÓN PARA O CURSOS DEPORTIVOS DE VERÁN 2021

Ata o 25 de xuño atópase aberto o prazo de preinscrición para as actividades de verán 2021 que o Concello organiza no polideportivo municipal, durante os meses de xullo e agosto.

As prazas cubriranse por riguroso orde de preinscrición ata cubrir o cupo. A confirmación da praza deberá realizarse entre o 28 e o 30 de xuño co pago da taxa correspondente e o inicio das actividades serán o 1 de xullo.

As actividades que se ofertan son:

Adult@s

  • Pilates
  • Aquagym
  • Ximnasia de mantenemento
  • Natación

Recomendase a preincrición a través de:
teléfono 981 482 633
Correo: polideportivocedeira@gmail.com

CEDEIRA MULTARÁ CON ATA 3.000 EUROS A MADERISTAS OU EMPRESAS EÓLICAS QUE ESNAQUICEN CAMIÑOS

O Concello de Cedeira sancionará ás empresas dos sectores forestais e eólico que infrinxan a ordenanza reguladora da protección dos camiños e vías públicas municipais.

As sancións serán entre:

  • De 1.500 e 3.000 euros, en caso de infraccións moi graves.
  • De 750 a 1.500 euros se son graves.
  • De 750 euros se se consideran leves.

Antes de realizar traballos de madeira ou actuacións relacionadas cos parques eólicos, será obrigatorio presentar (por parte das empresas) un escrito de comunicación previa, identificando as leiras afectadas, os titulares, o volume de madeira, etc… entre outros datos. E no caso do sector eólico, a maiores deberán incluír a descrición do transporte (volume e peso).