Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

MOCIDADE

Publicadas as bases de selección do campamento urbano de verán do Concello de Cedeira

Este campamento de verán ten a finalidade de facilitar unha alternativa de ocio para as nenas e nenos promovendo así a conciliación familiar durante os meses de vacacións estivais.

O prazo de solicitude realizarase no prazo de 5 días hábiles dende o día seguinte ao da publicación das presentes bases no taboleiro de anuncios dixital.

As solicitudes deberán ser asinadas polo pai, nai ou titor legal do menor e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello ou polos medios establecidos no artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

No suposto de que se presente solicitude no Rexistro do Concello de xeito presencial debe solicitarse cita previa.

Na seguinte ligazón pode consultarse o texto íntegro das bases e a ficha de inscrición:

DESCARGAR PDF Bases de selección do campamento urbano de verán do Concello de Cedeira

DESCARGAR PDF Ficha de inscrición

Aberto o prazo de preinscripción para as actividades de verán 2020 no Polideportivo Municipal

O prazo de preinscrición estará aberto ata o 25 de xuño.

As prazas cubriránse por riguroso orde de presincrición ata cubrir o cupo. A confirmación da praza deberá realizarse entre o 27 e o 30 de xuño co pago da taxa correspondente e o inicio das actividades serán o 1 de xullo.

As actividades que se ofertan son:

Adult@s

  • Pilates
  • Aquagym
  • Ximnasia de mantenemento
  • Natación

Recomendase a preincrición a través de:
teléfono 981 482 633
Correo: polideportivocedeira@gmail.com

A corporación de Cedeira emite un comunicado para informar da suspensión das festas de agosto

Os tres grupos políticos que integran a corporación municipal de Cedeira (PSOE, PP e BNG) emiten un comunicado para informar da suspensión das festas de agosto.

Di así: “O Concello de Cedeira, co consenso de toda a corporación municipal, informa de que este ano non imos a levar a cabo as Festas de Cedeira.

Hoxe estamos máis preto da saída desta situación de emerxencia que golpea ao mundo grazas ás medidas extraordinarias que todas e todos asumimos desde a nosa responsabilidade, e que nos fixeron entender que é tempo de xenerosidade e prudencia.

Con estas premisas fixemos unha modificación orzamentaria coa cal decidimos dedicar, entre outras partidas, a destinada ás festas a crear unha nova co obxectivo de axudar a aqueles grupos máis afectados por esta crise, tanto no económico como con bens de primeira necesidade (de alimentación e hixiene), así como a cubrir aqueles gastos extraordinarios que tivemos que asumir para un correcto funcionamento das nosas instalacións.

Pensando nun público máis familiar e ao longo de todo o verán, xa estamos a traballar nunha programación de espectáculos de pequeno formato que achegará o cine, a música e as acrobacias á rúa, sempre en horario de tarde e que daremos a coñecer en breve.

Somos unha vila que no verán acolle a un gran número de visitantes. Desexamos que esa siga a ser a tónica e que todos xuntos poidamos gozar dos concertos e das actuacións, verbenas… máis este ano entendemos que renunciar é o maior acto de xenerosidade que podemos asumir”.