Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

A corporación de Cedeira emite un comunicado para informar da suspensión das festas de agosto

Os tres grupos políticos que integran a corporación municipal de Cedeira (PSOE, PP e BNG) emiten un comunicado para informar da suspensión das festas de agosto.

Di así: “O Concello de Cedeira, co consenso de toda a corporación municipal, informa de que este ano non imos a levar a cabo as Festas de Cedeira.

Hoxe estamos máis preto da saída desta situación de emerxencia que golpea ao mundo grazas ás medidas extraordinarias que todas e todos asumimos desde a nosa responsabilidade, e que nos fixeron entender que é tempo de xenerosidade e prudencia.

Con estas premisas fixemos unha modificación orzamentaria coa cal decidimos dedicar, entre outras partidas, a destinada ás festas a crear unha nova co obxectivo de axudar a aqueles grupos máis afectados por esta crise, tanto no económico como con bens de primeira necesidade (de alimentación e hixiene), así como a cubrir aqueles gastos extraordinarios que tivemos que asumir para un correcto funcionamento das nosas instalacións.

Pensando nun público máis familiar e ao longo de todo o verán, xa estamos a traballar nunha programación de espectáculos de pequeno formato que achegará o cine, a música e as acrobacias á rúa, sempre en horario de tarde e que daremos a coñecer en breve.

Somos unha vila que no verán acolle a un gran número de visitantes. Desexamos que esa siga a ser a tónica e que todos xuntos poidamos gozar dos concertos e das actuacións, verbenas… máis este ano entendemos que renunciar é o maior acto de xenerosidade que podemos asumir”.