Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

DEPORTES

O domingo será o dia da bici no Municipio de Cedeira

O DOMINGO SERÁ O DIA DA BICI NO MUNICIPIO DE CEDEIRA

O gobierno de Cedeira invita a veciños e visitantes a sumarse ao Día da Bici, que será o domingo 28 e co que se quere fomentar a actividade física e o uso de transportes non contaminantes para traxectos urbanos.

A actividade dará comezo ás 11.00 horas e a praza Roxa será tanto o punto de partida como de chegada dun percorrido que discurrirá por San Isidro, polideportivo municipal, barrio de San Roque, paseo fluvial e porto pesqueiro. A distancia superará os cinco quilómetros, segundo fontes municipais.

Ao remate do paseo entregarase un trofeo aos participantes de menor e maior idade inscritos na proba e haberá un sorteo de agasallos cedidos por Ciclos Roca e Bici Total.

As persoas interesadas poden apuntarse o mesmo día da convocatoria na sala Áncora, a partir das 10.30 horas, e na praza Roxa, antes das once da mañá.

 

Aberto o prazo de preinscripción para o cursiño de natación

O prazo de preinscrición estará aberto ata o 29 de xullo.

As prazas cubriránse por riguroso orde de presincrición ata cubrir o cupo. A confirmación da praza deberá realizarse entre o 30e o 31 de xullo co pago da taxa correspondente e o inicio das actividades serán o 1 de agosto.

(idade mínima nad@s no 2015).

Arranca o trofeo de pádel “Vila de Cedeira” coa participación de 80 parellas

ARRANCA O TROFEO DE PÁDEL “VILA DE CEDEIRA” COA PARTICIPACIÓN DE 80 PARELLAS

Un total de 80 parellas de pádel enfrontaranse esta fin de semana en Cedeira con motivo da celebración do torneo “Vila de Cedeira” que, organizado polo Club de Tenis e Pádel da localidade.

A competición dará lugar a partidos nos que se enfrontarán parellas das categorías 2ª, 3ª e 4ª masculinas, así como outros da feminina (cascada 1ª e 2ª) e tamen da mixta (cascada 1ª e 2ª).

Haberá trofeos para os mellores clasificados e agasallos para os participantes, segundo se pon de manifesto desde a organización coa que está a colaborar o Concello de Cedeira para que todo saia como está previsto, dada a popularidade desta modalidade deportiva.

O goberno local invita á veciñanza e mesmo aos visitantes a secundar coa súa presenza a celebración dunha actividade de carácter gratuíto e de acceso libre.

A liga de fútbol sala “Vila de Cedeira” reúne a 35 equipos, dos que 27 son infantís e 8 séniors

A LIGA DE FÚTBOL SALA “VILA DE CEDEIRA” REÚNE A 35 EQUIPOS,DOS QUE 27 SON INFANTÍS E 8 SÉNIORS

O Concello de Cedeira puxo en marcha un ano máis, e xa van trinta e seis, a Liga de Fútbol Sala “Vila de Cedeira”, unha competición con moito arraigamento na contorna e mesmo na provincia e que reúne desta volta a un total de 35 equipos, dos que 27 son infantís e 8 séniors.

Trátase da participación máis elevada acadada ata o de agora, xa que o número de xogadores triplica o anterior, tal e como se pon de manifesto desde o equipo de goberno. O executivo local valora esta resposta e invita á veciñanza e visitantes a presenciar os partidos que se celebran os luns, mércores e venres no pavillón polideportivo, a partir das seis da tarde. A entrada é libre e gratuíta.

A competición, que remará o día 7 de agosto, está a enfrontar a formacións de Cedeira, Ortigueira, Caranza e As Pontes, así como outras con xogadores da Coruña e Santiago de Compostela. Na liga sénior, participada exclusivamente por equipos locais, competirán os integrantes de A Traíña, Newti, Noroeste Galaico, A Tenda de Rosario, Café Bar O´Horreo, Pezones Negros, La Bodeguilla e Habichuelas.

A celebración deste ano trouxo como principal novidade a incorporación dunha categoría feminina, ás xa habituais masculina e mixta, pola presenza cada vez máis numerosa das mulleres tamén nesta modalidade deportiva de fútbol sala.

Cedeira acolle mañá sábado o campionato galego de triatlon, que reunirá a 320 participantes

CEDEIRA ACOLLE MAÑÁ SÁBADO O CAMPIONATO GALEGO DE TRIATLON, QUE REUNIRÁ A 320 PARTICIPANTES

A vila de Cedeira acollerá por terceira ocasión o Campionato Galego de Triatlón, que será mañá sábado e no que participan un total de 320 nenos e nenas con idades comprendidas entre os dez e dezasete anos.

O Concello colabora economicamente na celebración do evento deportivo e pon a disposición da organización a cesión de instalacións e o traballo de axentes da Policía Local, membros de Protección Civil e traballadores municipais para garantir o normal desenvolvemento das probas, que darán comezo ás 13.05 horas e que terán lugar no contorno da praia da Madalena. Tamén contribúen con empanadas, mantecadas e outros agasallos a Panadaría Arribi e Gadis e Eroski con produtos para o avituallamento dos rapaces e rapazas.

A competición, que chega este ano a súa sexta edición local, dará lugar a probas de natación, bicicleta e carreira cuxos percorridos estarán en función da idade dos participantes. No caso da natación, a distancia será de 100 metros para os benxamíns e de 750 metros para os cadetes, mentres que na proba ciclista os máis novos pedalearán durante 2 quilómetros e os maiores un total de dez. As lonxitudes ás que se enfrontarán os participantes na proba da carreira oscilan entre os 500 metros e os 2,5 quilómetros.

A organización repartirá trofeos entre os tres primeiros clasificados, tanto a título individual como por equipos.

O goberno de Cedeira quere agradecer publicamente á organización a promoción deportiva que no ámbito local fai coa celebración dunha proba destas características, así como o traballo desinteresado dos voluntarios que veñen colaborando desde hai días para telo todo a punto cara ao día de mañá. Por outra banda, pídense desculpas aos veciños e visitantes polas incomodidades que poidan derivarse do desenvolvemento do campionato e tamén precaución por tratarse de competicións que requiren moito movemento de persoas e mesmo de vehículos.

Aberto o prazo de preinscripción para as actividades de verán no Polideportivo Municipal

ABERTO O PRAZO DE PREINSCRICIÓN PARA AS ACTIVIDADES DE VERÁN NO POLIDEPORTIVO MUNICIPAL

O prazo de preinscrición estará aberto ata o 19 de xuño.

As prazas cubriránse por riguroso orde de presincrición ata cubrir o cupo. A confirmación da praza deberá realizarse entre o 24 e o 28 de xuño co pago da taxa correspondente e o inicio das actividades serán o 1 de xullo.

As actividades que se ofertan son:

Nen@s

  • Natación (idade mínima nad@s no 2015)

Adult@s

  • Pilates
  • Aquagym
  • Ximnasia de mantenemento
  • Natación

Cedeira convoca para mañá o “Día da Bici”

CEDEIRA CONVOCA PARA MAÑÁ O “DÍA DA BICI”

“Achégate a compartir unha xornada en familia” é o lema do Día da Bici, unha iniciativa que se celebra mañá en Cedeira dentro da programación das III Xornadas Escolares de Educación Viaria organizadas polo Concello, o CEIP Nicolás del Río e a Policía Local.

O centro educativo será o punto de partida dunha actividade que dará comezo ás 12.00 horas e que discorrerá polo contorno urbano da vila cedeirense. O camiño grande da Madalena, a praza da Revolta, a avenida de Castelao e a vila vella son localizacións que forman parte dun itinerario atractivo e sen atrancos.

Desde o goberno local invítase a maiores e cativos a tomar parte nunha iniciativa que permite coñecer a localidade desde outra prespectiva e que tamén pode resultar moi interesante desde o punto de vista medio ambiental. En caso de choiva, a actividade trasladarase á xornada do luns.

XVIII Festa do Deporte de Cedeira

XVIII FESTA DO DEPORTE DE CEDEIRA

O pavillón polideportivo de Cedeira acolleu o pasado venres a XVIII Festa do Deporte local, unha convocatoria que estivo presidida polo alcalde, Pablo Moreda Gil, e á que asistiu como invitado o ex atleta olímpico e actual presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos.

No transcurso da celebración entregaronse os premios anuais aos deportistas, entidades e clubs locais.
OS GALARDONADOS FORON:

– MARIANA SIMIÓN LÓPEZ (karate)
– CLUBE DISCALZAS SD
– LIDIA CRESPO SECO, POLIDEPORTIVO APADER
– EQUIPO BALONCESTO NIVEL 1 POLIDEPORTIVO APADER (CRISTIAN CRESPO, JOSÉ ÁNGEL ANTELO,
DAVID LA FUENTE ,TOMÁS LA FUENTE, GERARDO LÓPEZ, MÓNICA LA FUENTE, JUAN CARLOS CRESPO
E PAMELA LA FUENTE).
-MARINA CANEIRO SEDES, CEDEIRA SD FÚTBOL FEMENINO
-ALBERTO VERGARA RODRÍGUEZ, CEDEIRA SD FÚTBOL MASCULINO
-IVÁN JOSÉ PRIETO BELLÓN, CICLISMO EN CARRETERA
– TRATLÓN, EQUIPO CADETE (PABLO FREIRE, JUAN PÉREZ, BRUNO CASA, JAVIER PIÑÓN, ANDRÉ
LÓPEZ E INÉS GRAÑA)
– ATLETISMO, EQUIPO ALEVÍN MASCULINO (SAMUEL SÁNCHEZ, ALBERTO RODRÍGUEZ, LUCAS RIOLA,
DAMIÁN FORMOSO E DAMIÁN SUÁREZ).
– NATACIÓN, EQUIPO ABSOLUTO (JESÚS BLANCO, ANTONIO CASTRO, PABLO PÉREZ, RICARDO
FREIRE, JUAN RODRÍGUEZ, JUAN PÉREZ, JAVIER PIÑÓN, MANUEL RIBEIRO, XAN PÉREZ, LUCÍA SÁNCHEZ,
ELENA FERNÁNDEZ, ELSA LÓPEZ, NEREA ARRIBI, INÉS GRAÑA, ANDREA LÓPEZ, NOELIA SERANTES,
MIRIÁN LÓPEZ E PAULA NEBRIL)
-EQUIPO REMO OLÍMPICO FEMENINO, (NOEMI, NOA, CANDELA, RAQUEL E LUCÍA)
-EQUIPO REMO OLÍMPICO MASCULINO ( RAÚL, ÁNGEL E BORJA)
– TRAXECTORIA DEPORTIVA, DAMIÁN RODRÍGUEZ GARROTE
RECIBIRON MENCIÓNS ESPECIAIS
-INÉS BEREIJO ALBO, ATLETISMO RIA FERRROL
-EQUIPO SENIOR BADMINTON CEDEIRA ( JOSEFA PEREZ, HILDA MARTÍNEZ , DOLORES LÓPEZ, MANUEL
SUÁREZ, SANTIAGO FREIRE ,JUAN ANTONIO RODRÍGUEZ)
-JACOBO SUÁREZ VILELA
-RAÚL BUSTABAD
-JUAN ANTONIO RODRÍGUEZ BUSTABAD
-CEDEIRA BASKBALL STREET