Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

¿QUE SON OS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS?

O Concello, como a administración máis achegada á cidadanía, ten a responsabilidade de ofrecer información e orientación sobre os programas e recursos sociais públicos e privados dedicados a favorecer a integración e a mellorar a calidade de vida das persoas en situación de desvantaxe social.

Ten competencia sobre os servizos de atención primaria destinados a previr a marxinación social das persoas con dificultades económicas e dependencia. Desde os servizos sociais desenvólvense programas de información, orientación e asesoramento; de apoio familiar; de inserción social; de convivencia alternativa; e tamén de animación, prevención e cooperación social. Con estas accións aténdese a colectivos con necesidades específicas como persoas desempregadas ou retornadas da emigración, xuventude e terceira idade, entre outros.