AXUDAS PARA PREVIR A EXCLUSIÓN SOCIAL
Medidas destinadas a garantir recursos básicos para as persoas desfavorecidas.
- Alimentos da Cruz Vermella: reparto de alimentos procedentes de excedentes de produción da Unión Europea dirixidos a familias en situación económica precaria.
- Emerxencia social: axuda de pagamento único destinada a paliar necesidades específicas de carácter básico e urxente.
- Interese social e humanitario: medidas destinadas á cobertura de necesidades de carácter básico e urxente.
- Risga (Renda de Integración Social de Galicia): prestación social de carácter periódico destinada a garantir recursos básicos de subsistencia
- Programa de acollida e acompañamento de persoas sen fogar.
Pódense consultar o regulamento de axudas de emerxencia social e as axudas que se ofrecen desde o Concello nas seguintes ligazóns:
VER PDF Regulamento de prestación de axudas de emerxencia social
DESCARGA WORD Regulamento de prestación de axudas de emerxencia social
Para a tramitación de solicitudes ou para obter máis información sobre estes recursos, é preciso concertar unha entrevista cos servizos sociais do Concello. Para solicitar a cita, pódese acudir ás oficinas do departamento ou chamar por teléfono.
Centro Sociocultural, rúa do Convento, s/n, 3o andar.
Horario de atención ao público: de luns a venres de 9.00 h a 14.00 h
981 492 179