Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

PARTICIPACION

CONSULTA PÚBLICA PARA A APROBACIÓN DUNHA ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DA PROTECCIÓN DOS CAMIÑOS E VÍAS PÚBLICAS MUNICIPAIS DO CONCELLO DE CEDEIRA

Este concello pretende a aprobación dunha Ordenanza Municipal reguladora da protección dos camiños e vías públicas municipais do Concello de Cedeira.

Co obxectivo de garantir a participación dos cidadáns na elaboración da ordenanza e en cumplimento do disposto no artigo 133 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas – LPACAP-, substánciase unha consulta pública previa para solicitar a opinión dos cidadáns e das organizacións máis representativas que potencialmente se poidan ver afectados pola mesma, sobre unha serie de aspectos como son os problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa, a necesidade e oportunidade da súa aprobación, os obxectivos da norma e as posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias.

No presente caso considérase unha duración de dez días hábiles para que para que cidadáns, organizacións e asociacións que así o consideren poidan facer chegar as súas opinións a través do rexistro.

Na seguinte ligazón pode consultarse o texto íntegro da providencia da Alcaldía:

DESCARGAR PDF Providencia de Alcaldía consulta pública para unha ordenanza municipal reguladora da protección dos camiños e vías públicas municipais do Concello de Cedeira

PRIMER TALLER SECTORIAL DO TURISMO

O concello de Cedeira comezou esta semana as xornadas de traballo do proxecto Pescaturacción, coa reunión das entidades do sector pesqueiro, e o próximo luns é a quenda dos representantes do Sector do Turismo de Cedeira.

Empresas de aloxamento, restauración, turismo activo, turismo náutico, transporte e comercios turísticos, están convocadas a participar neste Grupo de Traballo do Sector Turístico, que terá lugar o próximo 19 de abril.

Na reunión, validaranse as características do sector detectadas na fase previa do proxecto, e identificaranse os retos que o turismo ten que afrontar de maneira prioritaria no municipio de Cedeira.

Se pertences ao sector do turismo e tes interese en participar pero non recibiches a información, ponte en contacto co teléfono 621.256.391.

OS NOVOS ORZAMENTOS MUNICIPAIS PROTAGONIZAN O NOVO NÚMERO DO BOLETÍN “AS7PARROQUIAS”

O Concello de Cedeira vai distribuír estes días entre a veciñanza un novo número, o 17, do boletín “As7Parroquias”, no que informa das principais novidades e logros do traballo municipal nos últimos dous meses. Desta volta o boletín destaca na súa portada a aprobación dos novos orzamentos municipais, que poñen o acento no eido dos servizos sociais, e tamén o compromiso acadado pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia para retomar as xestións e poñer en marcha a ampliación do Centro de Saúde de Cedeira.

“As7parroquias” detalla tamén as obras que están en marcha ou que remataron recentemente, e os principais proxectos de investimento que se consignaron nas contas de 2021. Informa tamén da reserva de 70.000 euros para lanzar unha nova convocatoria de axudas municipais a empresas e autónomos, coa finalidade de paliar os efectos da pandemia, así como dos fondos adicados a sufragar actividades do tecido asociativo da vila.

A aprobación por primeira vez na historia de Cedeira duns orzamentos participativos, que se elaboraron por parte do alumnado de 4º da ESO do IES Punta Candieira, e a moción unánime dos grupos municipais para cubrir o patio do Areal do CEIP Nicolás do Río son outros dos temas que aborda o boletín, no que tamén se dá conta da finalización da redacción do proxecto para a recuperación integral do curso medio do río Condomiñas.

A contraportada de “As7Parroauias” está adicada, como é habitual, ao tecido asociativo da localidade. Nesta ocasión ofrece unha reportaxe sobre ABAC, a Asociación de Benestar Animal de Cedeira, e o seu traballo polo control das colonias de gatos.

DESCARGA PDF Boletín “As7Parroquias”