Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

NOVAS

BASES REGULADORAS DO PEL-REACTIVA: PROGRAMA ESPECÍFICO DE APOIO Á HOSTELERÍA E AXENCIAS DE VIAXES, DO PLAN DE EMPREGO LOCAL

Persoas beneficiarias:

Persoas traballadoras por conta propia ou autónomos e as microempresas, dadas de alta no IAE antes do 1 de xaneiro de 2021, en calquera dos seguintes epígrafes:

  • Bares e restaurantes agrupación 67
  • Hospedaxe agrupación 68
  • Axencias de viaxe grupo 755
  • Salas de festas e discotecas epígrafe 969.1

O importe terá unha contía fixa de 1500€ por persoa beneficiaria.

Prazo de presentación:
O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o día 3 de maio de 2021 ás 8.00 horas, unha vez publicada a convocatoria no BOP a través da remisión da mesma á BDNS.

DESCARGA PDF Bases reguladoras de PEL-Reactiva: programa específico de apoio á hostalería e axencias de viaxe, do Plan de emprego local

2021_0000003177

CONSULTA PÚBLICA PARA A APROBACIÓN DUNHA ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DA PROTECCIÓN DOS CAMIÑOS E VÍAS PÚBLICAS MUNICIPAIS DO CONCELLO DE CEDEIRA

Este concello pretende a aprobación dunha Ordenanza Municipal reguladora da protección dos camiños e vías públicas municipais do Concello de Cedeira.

Co obxectivo de garantir a participación dos cidadáns na elaboración da ordenanza e en cumplimento do disposto no artigo 133 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas – LPACAP-, substánciase unha consulta pública previa para solicitar a opinión dos cidadáns e das organizacións máis representativas que potencialmente se poidan ver afectados pola mesma, sobre unha serie de aspectos como son os problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa, a necesidade e oportunidade da súa aprobación, os obxectivos da norma e as posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias.

No presente caso considérase unha duración de dez días hábiles para que para que cidadáns, organizacións e asociacións que así o consideren poidan facer chegar as súas opinións a través do rexistro.

Na seguinte ligazón pode consultarse o texto íntegro da providencia da Alcaldía:

DESCARGAR PDF Providencia de Alcaldía consulta pública para unha ordenanza municipal reguladora da protección dos camiños e vías públicas municipais do Concello de Cedeira

O AUDITORIO DE CEDEIRA ACOLLE ESTE VENRES A PROXECCIÓN E UN COLOQUIO SOBRE A CURTA “COVID NO BOSQUE”

O Auditorio de Cedeira acollerá este venres, ás 20.00 horas, a proxección da curtametraxe “Covid no Bosque” e un posterior coloquio coa directora e o director deste traballo feito en Cedeira. Ao día seguinte, o sábado 24, Teatro do Andamio ofrecerá a súa montaxe “A Cincenta” dirixido ao público infantil a partir de tres anos. É preciso reservar con antelación as localidades para calquera destes actos.

Simone Jenkinson e Joseph Traynor son unha parella orixinaria de Reino Unido que chegou a Cedeira despois de residir durante quince anos en Bos Aires. Abriron aquí unha nova etapa profesional, coa súa produtora Cuerda Creatives, e tamén persoal. A raíz da pandemia xurdiu a curtametraxe “Covid no Bosque”, na que colaboran máis de vinte persoas de xeito desinteresado e que expresa o desexo de correr, de respirar aire puro, de sentir a enerxía da natureza nun momento no que un virus parece ter cambiado o mundo baixo os nosos pés.

A entrada ao acto será gratuíta, aínda que as localidades están limitadas pola situación sanitaria e é preciso reservar previamente a través do correo simone@cuerdacreatives.com ou no Whatsapp 611 020 465.

Por outra banda, a programación cultural do Concello de Cedeira ofrece de novo este sábado unha proposta para o público infantil. O Auditorio Municipal acollerá ás 19.00 horas a obra “A Cincenta”, unha montaxe de Teatro do Andamio, escrita e dirixida por Tatiana Likhacheva. A igualdade de xénero está no trasfondo desta historia, na que dous vixiantes de seguridade dun centro comercial atopan a oportunidade da súa vida para facer o que lles gusta, o teatro, coa condicionante de que os dous terán que interpretar papeis femininos. Gema Ulloa e Fran Giraldo forman o elenco desta obra, que se desenvolve sempre en clave de humor.

O prezo da entrada para ver “A Cincenta” é de 2,50 euros e, como xa é habitual, hai que reservar as localidades a través do mail enrique.vazquez@cedeira.gal ou enviando un whatsapp ao número 649 876 614 en horario de 09.00 a 14.00h, indicando en calquera caso o nome das persoas que asistirán e un número de contacto.