Recomendacións do Concello #EnCedeiraNaCasa
O Concello resume nun video as medidas a adoptar contra o coronavirus e o importante que é “quedar na casa”.
#EnCedeiraNaCasa
Tamén pon a disposición dos/as veciños/as unha guía de Fisioterapia.
O Concello resume nun video as medidas a adoptar contra o coronavirus e o importante que é “quedar na casa”.
#EnCedeiraNaCasa
Tamén pon a disposición dos/as veciños/as unha guía de Fisioterapia.
O Concello de Cedeira en colaboración coa empresa Viaqua, concesionaria do Servizo de Abastecemento de Auga e Saneamento, toman a medida de PROHIBIR A SUSPENSIÓN DO SUMINISTRO DE AUGA A CONSUMIDORES EN SITUACIÓN DE VULNERABILIDADE DENDE O DÍA DE HOXE.
Unha vez finalice a situación de alarma, os usuarios que non puidesen facer fronte ao recibo por encontrarse en situación de vulnerabilidade deberán poñerse en contacto co noso Concello.
O Concello de Cedeira estará en coordinación cos Servizos Sociais e a compañía suministradora do servizo de auga.
Tras ser declarado o estado de alarma, ao abeiro do previsto no RD 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, modificado polo RD 465/2020, de 17 de marzo de 2020, o concello de Cedeira adopta a seguinte medida:
Apélase novamente á responsabilidade de todas e todos para evitar situacións de risco e seguir as indicacións que se vaian adoptando.
Conscientes das incomodidades e prexuízos que estas medidas poden supoñer, temos que antepoñer sobre calquera cousa, como obxectivo único prioritario deste concello, evitar a difusión do contaxio e salvar vidas.