Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

MEDIO AMBIENTE

Cedeira traslada ao ministerio de medio ambiente a inquedanza que existe na Vila pola deterioración da praia

CEDEIRA TRASLADA AO MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE A INQUEDANZA QUE EXISTE NA VILA POLA DETERIORACIÓN DA PRAIA

O ALCALDE REUNIUSE EN MADRID CO SUBDIRECTOR GENERAL PARA LA PROTECCION DE LA COSTA, ÁNGEL MUÑOZ CUBILLO

O Concello de Cedeira trasladou a Madrid as demandas que o equipo de goberno e a Plataforma en Defensa da Ría teñen con respecto á praia da Madalena.

O alcalde, Pablo Moreda Gil, vén de reunirse en Madrid co subdirector general para la Protección de la Costa do Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, Ángel Muñoz Cubillo.

O encontro, que Moreda calificou de cordial, serviu para trasladar ao responsable do Ministerio a preocupación que existe na vila non só pola conservación do areal, senón tamén polo futuro da reserva mariña e dos bancos marisqueiros que hai na ría e dos que viven moitas familias.

O alcalde explicou ao subdirector xeral que, a pesar dos traballos que a Demarcación de Costas vén de realizar na zona, a praia está a sufrir danos e estragos que causan moita preocupación entre a veciñanza e os sectores que poden verse máis afectados polo súa deterioración, como son o pesqueiro e marisqueiro pincipalmente.

Ángel Muñoz confirmou a Pablo Moreda o xa adiantado polo xefe da Demarcación de Costas en Galicia, Rafael Eimil, no sentido de comprometerse a incluír dentro dos orzamentos xerais do Estado deste ano a realización dun estudo de impacto ambiental para analizar as posibles que están a poñer en perigo a conservación do areal urbano da vila de Cedeira. Posteriormente, e en función dos resultados dadevandita avaliación, acometeriase o proxecto construtivo para a rexeneración ambiental da praia da Madalena.

No seu momento, o Concello e máis a Plataforma en Defensa da Ría elaboraron unha proposta, que posteriormente foi traslada e valorada pola Demarcación de Costas, na que están incluídos aqueles aspectos a ter en conta á hora de acometer a intervención definitiva. Así, o ámbito da actuación deberá incluír a completa restauración ambiental da praia e da súa zona posterior (desde a ribeira definida polo nivel inferior da pleamar nas mareas mortas ata o paseo marítimo), a retirada de material como pedras e entullos utilizados en pasados recheos e tamén evitar a manipulación da duna e o depósito de area por debaixo da marxe definida polas pleamares mortas.

A estas consideracións cabe engadir a demanda que existe tanto por parte do Concello como da Plataforma de participar na redacción do proxecto, non como técnicos, tal e como aclarou o alcalde, senón dando a súa opinión con respecto ás solucións a adoptar.

A Deputación e sete concellos constitúen o Xeoparque de Ortegal

A DEPUTACIÓN E SETE CONCELLOS CONSTITÚEN O XEOPARQUE DE ORTEGAL

Destacan a importancia do proxecto para revitalizar a economía da comarca.

Xa é unha realidade. A firma do convenio de constitución do Xeoparque do Ortegal por parte do presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, os rexedores dos municipios de Valdoviño, Cedeira, Cariño, Ortigueira, Cerdido, San Sadurniño e a alcaldesa de Moeche permitirá impulsar a candidatura deste territorio, cun altísimo valor xeolóxico, como xeoparque global da Unesco. A institución provincial destinará nada menos que 500.000 euros a apoiar o proxecto.

A creación do Xeoparque, que foi xa aprobada polos respectivos plenos municipais e polo da institución provincial, contribuirá á promoción e desenvolvemento das localidades, á vez que posibilitará, cando a Unesco emita un informe favorable, a integración das mesmas na Rede europea e Rede global de xeoparques.

Conforme ao subscrito onte, a Deputación e as entidades locais asumirán durante os próximos catro anos a xestión dos recursos persoais, materiais e técnicos do proxecto, que incidirá de forma positiva na proxección da zona como destino geoturístico.

Subliña o presidente da Deputación, que se trata dunha «gran iniciativa e un exemplo de cómo se poden poñer en valor nunha comarca os recursos naturais e patrimonios co obxectivo de crear emprego e dinamizar as actividades económicas», potenciando un turismo especializado no campo da xeoloxía.

Cabe recordar que no Complexo Cabo Ortegal localízanse ata 52 lugares de interese xeolóxico e cinco sitios de relevancia internacional por atoparse neles formacións únicas.

Valores únicos

Así, no territorio conformado polos sete municipios atópase a única praia de area negra de orixe non volcánico coñecida, hai afloramentos de lava, granitos negros, restos glaciares e poden observarse a primeira ollada rocas que habitualmente se atopan a máis de 70 quilómetros de profundidade.

Tras a aprobación das bases do Xeoparque do Ortegal, cada un dos concellos confeccionen un plan de actuacións e estudos de orde económica, e técnico- administrativo, que servirán de base para a elaborar o Plan director que rexerá o seu funcionamento.

O texto subscrito onte na sede da Deputación prevé a creación dun consello reitor, cun organigrama integrado por representantes de cada un dos concellos e da propia Deputación, cuxa presidencia rotará anualmente entre os municipios.

Revulsivo económico

A este respecto, González Formoso sinalou a importancia «do traballo conxunto dos concellos e a Deputación para a conservación e posta en valor do patrimonio e a riqueza natural da zona», e reivindicou a necesidade de investimento institucional para mellorar os indicadores dá comarca.

E neste contexto, subliñou que a institución que preside xa reservou nos orzamentos do presente ano unha partida de 500.000 euros para apoiar a constitución do xeoparque.

A institución provincial destina un total de 500.000 euros a apoiar a iniciativa

A alianza porá en valor o patrimonio xeolóxico como recurso turístico

Fonte: La Voz de Galicia

Pode consultar a nova na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN A Deputación e sete concellos constitúen o Xeoparque de Ortegal

Labores de xestión de biomasa nas liñas de Unión Fenosa Distribución S.A.

LABORES DE XESTIÓN DE BIOMASA NAS LIÑAS DE UNIÓN FENOSA DISTRIBUCIÓN S.A.

Unión Fenosa Distribución vén de comunicar ao Concello de Cedeira a próxima realización de operacións de xestión de biomasa nas súas liñas, en virtude do cumprimento da Lei 12/2012 de Montes de Galicia, e conforme ao indicado na súa disposición final primeira, pola que se modifica a Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Por elo, achéganse os planos correspondentes ao trazado das liñas onde se van a realizar os labores de xestión de biomasa para que se publiquen a efectos de que os propietarios dos terreos, se é do seu interese, poidan executalas previamente. Se transcorridos 15 días desde esta publicación o propietario do terreo non efectuou os labores de xestión de biomasa indicadas, Unión Fenosa Distribución procederá á súa realización.

Nas seguintes ligazóns pode consultar o texto íntegro da comunicación e o plano correspondente ao trazado das liñas afetadas:

IR Á LIGAZÓN Comunicación Unión Fenosa Distribución S.A.

IR Á LIGAZÓN Plano liñas e terreos afectados