Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

MEDIO AMBIENTE

O Concello de Cedeira recomenda precaución á veciñanza polos fortes refachos de vento

O CONCELLO DE CEDEIRA RECOMENDA PRECAUCIÓN Á VECIÑANZA POLOS FORTES REFACHOS DE VENTO

O goberno de Cedeira pide precaución á veciñanza en días de vento como os actuais cando saian camiñar ou pasen por unha zona na que exista moita presenza de árbores. Os refachos de vento que nas últimas horas superaron os 75 quilómetros hora obrigaron ao peche de varias estradas de titularidade provincial, á retirada de numerosas ramas do paseo marítimo e a ter que arranxar desperfectos causados no chan do parque infantil da praza Roxa.

Desde o executivo tamén se está a demandar a máxima colaboración por parte dos veciños no sentido de informar, chamando por teléfono á Policía Local ou Concello, sobre calquera incidencia a fin de que sexa reparada antes de que poida poñer en perigo a seguridade das persoas ou mesmo dos condutores.

Finalización do episodio de contaminación microbiolóxica na praia da Madalena

FINALIZACIÓN DO EPISODIO DE CONTAMINACIÓN MICROBIOLÓXICA NA PRAIA DA MADALENA

O Concello informa de que vén de recibir a comunicación do servizo de control de riscos ambientáis/sanidade ambiental da Xunta de Galicia, informando da finalización do episodio de contaminación microbiolóxica na praia da Madalena.

A continuación reproducimos o texto íntegro da comunicación:

“Asunto: finalización do episodio de contaminación microbiolóxica na auga de baño

Comunícolle que, na análise microbiolóxica realizada na auga de baño de A Magdalena, que se recolleu o día 19/09/2018 atopáronse menos de 1000 NMP /100 mL de entreococos intestinais e menos de 1000 NPM/100 mL de Escherichia coli. Estes niveis son aceptables polo que non supoñen un risco para a saúde dos bañistas.
Debe manterse as condicións adecuadas das áreas peripraieiras e se expoñerá aos usuarios calquera outra información relevante establecida regulamentariamente.

Fdo: A Xefa Territorial de Sanidade na Coruña”.

En resumo, desde o Concello infórmase de que trala análise realizada, é seguro bañarse na praia da Madalena.

Radio Nacional emitirá un programa sobre as Xeorutas e o proxecto de creación do Xeoparque do Ortegal

RADIO NACIONAL EMITIRÁ UN PROGRAMA SOBRE AS XEORUTAS E O PROXECTO DE CREACIÓN DO XEOPARQUE DO ORTEGAL

Radio Nacional emitirá un programa sobre as Xeorutas e o proxecto de creación do Xeoparque do Ortegal, realizado polo periodista Ricardo Sandoval e que sairá o día 11 de outubro na antena de Radio Cinco para toda España e posteriormente en Radio Exterior para todo o mundo. Esta última data aínda está sin determinar.

Para a realización do mesmo Ricardo Sandoval contou coa participación da concelleira de Cultura, María Xosé Rodríguez Pérez, e máis do xeólogo Francisco Canosa, que explicarán á audiencia da radio pública o que as rutas xeolóxicas guiadas están a representar como turismo alternativo para a comarca do Ortegal, así como as posibilidades de ocio que chegarán á zona da man do xeoparque, unha iniciativa na que ademais de Cedeira participan outros seis municipios da zona (Valdoviño, Cariño, Ortigueira, Cerdido, San Sadurniño e Moeche).