Radio Nacional emitirá un programa sobre as Xeorutas e o proxecto de creación do Xeoparque do Ortegal
RADIO NACIONAL EMITIRÁ UN PROGRAMA SOBRE AS XEORUTAS E O PROXECTO DE CREACIÓN DO XEOPARQUE DO ORTEGAL
Radio Nacional emitirá un programa sobre as Xeorutas e o proxecto de creación do Xeoparque do Ortegal, realizado polo periodista Ricardo Sandoval e que sairá o día 11 de outubro na antena de Radio Cinco para toda España e posteriormente en Radio Exterior para todo o mundo. Esta última data aínda está sin determinar.
Para a realización do mesmo Ricardo Sandoval contou coa participación da concelleira de Cultura, María Xosé Rodríguez Pérez, e máis do xeólogo Francisco Canosa, que explicarán á audiencia da radio pública o que as rutas xeolóxicas guiadas están a representar como turismo alternativo para a comarca do Ortegal, así como as posibilidades de ocio que chegarán á zona da man do xeoparque, unha iniciativa na que ademais de Cedeira participan outros seis municipios da zona (Valdoviño, Cariño, Ortigueira, Cerdido, San Sadurniño e Moeche).