Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

COVID-19

A corporación de Cedeira emite un comunicado para informar da suspensión das festas de agosto

Os tres grupos políticos que integran a corporación municipal de Cedeira (PSOE, PP e BNG) emiten un comunicado para informar da suspensión das festas de agosto.

Di así: “O Concello de Cedeira, co consenso de toda a corporación municipal, informa de que este ano non imos a levar a cabo as Festas de Cedeira.

Hoxe estamos máis preto da saída desta situación de emerxencia que golpea ao mundo grazas ás medidas extraordinarias que todas e todos asumimos desde a nosa responsabilidade, e que nos fixeron entender que é tempo de xenerosidade e prudencia.

Con estas premisas fixemos unha modificación orzamentaria coa cal decidimos dedicar, entre outras partidas, a destinada ás festas a crear unha nova co obxectivo de axudar a aqueles grupos máis afectados por esta crise, tanto no económico como con bens de primeira necesidade (de alimentación e hixiene), así como a cubrir aqueles gastos extraordinarios que tivemos que asumir para un correcto funcionamento das nosas instalacións.

Pensando nun público máis familiar e ao longo de todo o verán, xa estamos a traballar nunha programación de espectáculos de pequeno formato que achegará o cine, a música e as acrobacias á rúa, sempre en horario de tarde e que daremos a coñecer en breve.

Somos unha vila que no verán acolle a un gran número de visitantes. Desexamos que esa siga a ser a tónica e que todos xuntos poidamos gozar dos concertos e das actuacións, verbenas… máis este ano entendemos que renunciar é o maior acto de xenerosidade que podemos asumir”.

Consulta pública para a fixación do prezo para a prestación de campamentos e actividades de conciliación

O goberno municipal de Cedeira, dadas as circunstancias actuáis e considerando que a falta de campamentos de conciliación durante este verán suporía unha importante merma para os veciños de Cedeira nun momento especialmente difícil para toda a poboación, decidiuse á realización dun campamento e outras actividades dirixidas á poboación infantil a fin de posibilitar a conciliación da vida familiar e persoal e a vida laboral.

Co obxectivo de garantir a participación dos cidadáns do texto regulador do prezo público pola asistencia aos campamentos e demáis actividades dirixidas á poboación infantil organizados polo Concello para facilitar a conciliación da vida persoal e familiar coa vida laboral, e en cumprimento do disposto no artigo 133 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas – LPACAP-, o alcalde Pablo Diego Moreda Gil vén de publicar una providencia de alcaldía onde substánciase unha consulta pública previa para solicitar a opinión dos cidadáns e das organizacións máis representativas que potencialmente se poidan ver afectados pola mesma, sobre una serie de aspectos como son os problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa, a necesidade e oportunidade da súa aprobación, os obxectivos da norma e as posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias.

No presente caso considérase unha duración de cinco días hábiles para que para que cidadáns, organizacións e asociacións que así o consideren poidan facer chegar as súas opinións a través do rexistro.

Na seguinte ligazón pode consultarse o texto íntegro da providencia da Alcaldía:

DESCARGAR PDF Providencia de Alcaldía consulta prezo público campamento e actividades de conciliación.

Normas para as fogueiras da noite de San Xoán / San Pedro

As solicitudes para a autorización das fogueiras de San Xoan e de San Pedro do ano en curso deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Cedeira, na sede do Concello (sede.cedeira.gal) ou por correo electrónico correo@cedeira.gal

O prazo para a presentación de solicitudes comeza o 15 de xuño e remata o día 19 de xuño de 2020 ás 14:00 horas.

O/A solicitante deberá recoller a pertinente autorización no Concello a partir do 22 de xuño de 2020.

As fogueiras só poderán realizarse en terreos privados quedando prohibidas en espazos públicos, na zona de dunas, nas vías ou zonas asfaltadas.

Para máis información descarga as Normas para as fogueiras da noite de San Xoán / San Pedro na seguinte ligazón:

Descarga Bando PDF Normas para as fogueiras da noite de San Xoán / San Pedro