Os servizos sociais de atención primaria son aqueles que teñen por obxecto promover o desenvolvemento do benestar social básico de toda a cidadanía mediante o fomento da acción social.

Desde os servizos sociais do Concello de Cedeira desenvólvense as seguintes accións:

  • Programa de información, orientación e asesoramento: información sobre os dereitos e recursos en materia de servizos sociais; orientación e asesoramento sobre problemáticas específicas.
  • Programa de apoio familiar a unidades de convivencia: conxunto de actuacións, desde unha perspectiva integral e normalizadora, para situacións en que a persoa teña limitada a súa autonomía persoal ou nos casos de desintegración familiar.
  • Proxecto de intervención familiar.
  • Proxecto de axuda a domicilio.
  • Programa de inserción social: prevención de situacións de marxinación e as súas causas; integración e participación no medio social das persoas ou grupos desfavorecidos.
  • Programa de convivencia alternativa: aloxamento provisional para persoas en situación de emerxencia social ou familiar.
  • Programa de animación e cooperación social.

Para a tramitación de solicitudes ou para obter máis información sobre estes recursos, é preciso concertar unha entrevista cos servizos sociais do Concello. Para solicitar a cita, pódese acudir ás oficinas do departamento ou chamar por teléfono.

Oficinas municipais de servizos sociais

Centro Sociocultural, rúa do Convento s/n – 3º andar.

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9.00 h a 14.00 h.

981 492 179