Programas encamiñados ás familias con persoas maiores ao seu cargo, anciáns que viven sós, acollemento ou teleasistencia domiciliaria, entre outros.

  • Apoio social a persoas con demencia: estancia de 15 ou 29 días nunha residencia asistida para persoas maiores de 65 anos con demencias neuro–dexenerativas así como aos seus coidadores habituais en concepto de acompañantes.
  • Nadal entre amigos: vacacións gratuítas ás persoas maiores que estean soas durante o Nadal.
  • Programa de respiro familiar: consiste no disfrute duns días de estancia e tratamento termal nun centro dotado dos recursos materiais e persoais necesarios para a atención das persoas maiores con discapacidade físicas ou psíquicas e que necesiten de axuda para as actividades da vida diaria.
  • Pensión non contributiva de xubilación: prestación económica individual de carácter periódico que garantiza uns ingresos mínimos a aquelas persoas que non poidan acceder a outro tipo de pensións.
  • Axudas individuais non periódicas: axuda de carácter non periódico destinado a aquelas persoas que padezan algún tipo de discapacidade.
  • Axudas de apoio a familias coidadoras de maiores dependentes: axuda destinada aos familiares coidadores principais de persoas maiores dependentes.
  • Cheque asistencial: axuda económica individual para persoas maiores de 65 anos. Este programa ten 4 modalidades: cheque residencia, cheque centro de atención diurna, cheque de atención de axuda no fogar e cheque en estadía temporal ou programas de respiro.
  • Acollemento familiar para a terceira idade: axuda económica individual para persoas maiores de 65 anos. A finalidade é manter o maior no seu medio social habitual evitando a súa institucionalización.
  • Xantar na Casa
  • Termalismo social Imserso: vacacións de descanso en balnearios.
  • Turismo social: vacacións de descanso en zonas turísticas, balnearios…
  • Estadías temporais: apoio aos familiares ou coidadores que temporalmente non poden prestar a debida atención á persoa maior que coidan habitualmente.
  • Teléfono do maior: teléfono de carácter gratuíto. O obxectivo é manter informadas ás persoas maiores dos recursos existentes para a súa atención.
  • Programa de aplicación de novas tecnoloxías para persoas con demencia leve-moderada: pon a disposición dos coidadores da persoa diagnosticada de demencia un pequeno equipo con tecnoloxía GSM que lle permitirá aos coidadores coñecer en todo momento onde se atopa o seu familiar.
  • Detector de movemento para persoas maiores: dispositivo complementario ao servizo de teleasistencia domiciliaria para contribuír ao incremento da autonomía daquelas persoas maiores que viven ou pasan a maior parte do tempo soas.
  • Teleasistencia domiciliaria: servizo de atención telefónica ininterrompida que lle permite ao usuario ante calquera situación de emerxencia, con tan só premer un botón comunicarse cunha central, atendida por persoal especializado, para darlle resposta á crise. Dirixido a persoas maiores e persoas con discapadicade.
  • Estadías nas residencias de tempo libre: destinado a persoas maiores de idade ou menores acompañados dos seus pais ou titores.
  • Actividades:
    • Obradoiros de estimulación cognitiva en colaboración con AFAL FERROLTERRA
    • Actividades físicas e spicosociais para persoas con enfermidades crónicas en colaboración con ALCER
    • Obradoiros de memoria
    • Ximnasia terapéutica
    • Ximnasia de mantemento
    • Zumba

Para a tramitación ou para obter máis información destes recursos, é preciso concertar unha entrevista cos traballadores sociais do Concello. Para solicitar a cita, pode acudir ás oficinas do departamento de servizos sociais, ou chamar por teléfono:

Centro Sociocultural, Rúa do Convento s/n – 3º Ándar

 Horario de atención ao público: de luns a venres de 9.00h a 14.00h

981 492 179

O prazo para a presentación de solicitudes do Programa de Turismo do IMSERSO tempada 2016/2017 está aberto desde o 30/05/2016 ao 17/06/2016.