O Concello de Ortigueira ten recoñecido e acreditado un Centro de Información á Muller (CIM) dende o 31 de xaneiro de 2005 cuias funcións son entre outras:

  1. Información e asesoramento xurídico.
  2. Atención psicolóxica.
  3. Información sobre os recursos dispoñibles no seu ámbito territorial.
  4. Difusión e sensibilización cidadá acerca da vixencia e aplicación do principio de igualdade entre mulleres e homes.
  5. Funcíonamento como canle de comunicación entre as usuarias e os distintos organismos que tiveran competencias en materia de muller.
  6. Información sobre cursos, estudos e xomadas en materia de igualdade de oportunidades e, en especial, difundindo as actividades e servizos desenvolvimos pola Secrearía Xeral de Igualdade.
  7. Realización de conferencias, encontros, xornadas, cursos sobre temas de especial incidencia na consecución do principio de igualdade.
  8. Atención específica a mulleres vítimas de violencia de xénero, poñendo á súa disposición, facilitando ou informando sobre o acceso aos recursos existentes na comunidade Autónoma a través da xestión urxente cos servizos policiais,sanitarios, psicolóxicos, xudiciais e sociais que fosen oportunos.
  9. Recepción de denuncias e queixas en materia de discriminación por razón de sexo no ámbito da publicidade e os medios de comunicación e traslado destas ao órgano competente.
  10. Fomento do asociacionismo e da participación das mulleres na sociedade civil.
  11. Calquera outra actividade que se adecue ao obxectivo prioritario da consecución da igualdade.

Este Centro de Información á Muller presta servizo aos Concellos de Cedeira, Cariño, Cerdido, Mañón e Ortigueira. Trátase dunha atención gratuíta enfocada a atender as demandas das mulleres e familias destos Concellos

Para máis información, pode contactar co CIM de Ortigueira:

Centro de Servizos Sociais, Alameda, s/n. Ortigueira

Horario de atención ao público: luns, martes e xoves de 9.00h a 14.00h

981 402542/ 981 402543