Asesoramento sobre as prestacións destinadas ás persoas que mudan o lugar de traballo e de residencia.

  • Axudas asistenciais extraordinarias para persoas emigrantes retornadas: prestación económica directa, individual, extraordinaria e non periódica dirixida a persoas españolas retornadas que se atopen nunha situación de precariedade económica.
  • Axudas extraordinarias para persoas galegas emigrantes retornadas: prestación económica directa, individual, extraordinaria e non periódica dirixida a persoas galegas retornadas da emigración que se atopen nunha situación de precariedade económica.
  • Axudas asistenciais individuais para persoas galegas residentes no exterior: prestación económica directa, individual, extraordinaria e non periódica dirixida a persoas galegas e ás súas familias residentes no estranxeiro que se atopen nunha situación de precariedade económica.
  • Actividades de campamentos.
  • Vacacións para lembrar.
  • Fundación Galicia Emigración.

Para a tramitación de solicitudes ou para obter máis información sobre estes recursos, é preciso concertar unha entrevista cos servizos sociais do Concello. Para solicitar a cita, pódese acudir ás oficinas do departamento ou chamar por teléfono.

Centro Sociocultural, rúa do Convento s/n – 3º andar.

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9.00 h a 14.00 h.

981 492 179