Axudas para as persoas que volven a Galicia despois de pasar parte da súa vida traballando no estranxeiro.

  • Pensión asistencial por ancianidade: pensión de carácter periódico para maiores de 65 anos solicitada no país de emigración.
  • Axudas extraordinarias para persoas galegas retornadas da emigración: prestación extraordinaria e de pagamento único para atender situacións de precariedade económica derivadas do
  • Axudas para emigrantes con incapacidade laboral: axuda económica mensual destinada a paliar necesidades básicas de emigrantes con incapacidade permanente para o traballo.
  • Axuda para a promoción social de emigrantes: axudas para a formación educativa mediante subvencións para compensar parcialmente as cargas económicas.

Para a tramitación de solicitudes ou para obter máis información sobre estes recursos, é preciso concertar unha entrevista cos servizos sociais do Concello. Para solicitar a cita, pódese acudir ás oficinas do departamento ou chamar por teléfono.

Centro Sociocultural, rúa do Convento s/n – 3º andar.

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9.00 h a 14.00 h.

981 492 179