A Concellería de Servizos Sociais e Igualdade ofrece orientación, información e apoio co obxectivo de favorecer a igualdade de xénero. Pretende tamén facilitar a orientación social ás persoas  que padecen  especiais dificultades.

Onde dirixirse en caso de malos tratos: recomendacións e directorio de teléfonos para chamar en caso de detectar violencia de xénero.

Se quere denunciar pode dirixirse a:

  • Policía Autonómica
  • Comisaría de Policía
  • Cuarteis da Garda civil
  • Xulgado de Garda
  • Servizos sociais

Non esqueza incluír na denuncia:

  • Testemuñas, se as hai
  • Se hai lesións, inclúa a copia do parte médico de lesións
  • Identifique correctamente o agresor
  • Solicite unha copia da denuncia

Se ten que marchar da casa, non esqueza:

  • DNI
  • Tarxeta da Seguridade Social
  • Libro de familia
  • Libreta de aforros ou datos da conta corrente

Teléfonos de interese:

  • Teléfono da muller:900 400 273
  • Policía nacional: 091
  • Garda civil: 062
  • Policía autonómica: 981 546 415 e 981 546 474
  • Urxencias xerais: 112
  • Policía local: 619309449
  • Urxencias médicas: 061

Para a tramitación ou para obter máis información destes recursos, pode acudir ás  oficinas do departamento de servizos sociais, ou chamar por teléfono:

Centro Sociocultural, Rúa do Convento s/n – 3º Ándar

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9.00h a 14.00h

981 492 179