O Departamento de servizos sociais do Concello de Cedeira atópase no terceiro andar da Centro Sociocultural municipal (Rúa do Convento s/n), e está dirixido pola concelleira delegada Manuela López Rodríguez.

Dende este departamento xestiónanse todos os asuntos relativos a axudas sociais a diversos colectivos, actividades para maiores e actividades encamiñadas á igualdade.

O departamento dispón dun equipo técnico formado por:

  • Dúas traballadoras sociais
  • Unha educadora familiar
  • Unha psicóloga
  • Auxiliar administrativo