CEDEIRA EN NEGRO

O Concello de Cedeira volve participar este ano na campaña #ennegrocontraaviolencia de sensibilización social contra a violencia de xénero.
Este ano somos 102 concellos de Galicia e as deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra os que participamos nela.
Do 19 ao 25 de novembro queremos tinguir de negro o noso pobo para mostrar a nosa repulsa contra as violencias machistas.
Podes sumarte vestindo o teu establecemento, balcón, fachada, ou ti mesmo/a de negro.
Para solicitar máis información ou pedir un cartel da campaña ponte en contacto con María Arrivi (Servizos Sociais. Teléfono 981 492 179).
#cedeiraennegro

Na seguinte ligazón pode descargar a declaración institucional do 25 de novembro:

VER PDF Declaración institucional 25 de novembro