Subvencións para acceder a un alugueiro, adquisición ou arranxo de vivendas.

  • Bolsa de vivenda en alugueiro: axuda a fondo perdido destinada ao alugueiro de vivenda.
  • Infravivenda rural: subvención a fondo perdido para o arranxo de vivendas rurais para situacións familiares con baixos ingresos.
  • Axudas a mozos para adquisición de vivenda.

Para a tramitación ou para obter máis información destes recursos, é preciso concertar unha entrevista cos traballadores sociais do Concello. Para solicitar a cita, pode acudir ás oficinas do departamento de servizos sociais, ou chamar por teléfono:

Centro Sociocultural, Rúa do Convento s/n – 3º Ándar

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9.00h a 14.00h

981 492 179